Comezo do curso Escenarios da condición postmoderna

O día 7 de novembro, organizado polo CAFI, deu comezo o curso de formación ESCENARIOS DA CONDICIÓN POSTMODERNA, que rematará o vindeiro 9 de decembro.
Ven, 08/11/2013 - 13:42
escenarios condicion postmoderna

Ao longo do mes de novembro e parte de decembro, desenvólvese, organizado polo CAFI e celebrado no CIFP Compostela e no propio CAFI, o curso de formación de profesorado que leva por título ESCENARIOS DA CONDICIÓN POSTMODERNA. Dirixido ao profesorado de bacharelato e de ensinanza secundaria obrigatoria, ten unha duración total de 30 horas. Nel participarán, como relatores, destacados profesores do ensino medio da comunidade galega, da Universidade de Santiago, representantes do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), así como escritores e filósofos galegos. O obxectivo principal do curso consiste en analizar o concepto de postmodernidade, facer un percorrido polas diferentes manifestacións da postmodernidade en diferentes áreas de coñecemento (filosofía, historia, ciencia política, arte, literatura, saberes científicos e educación) e salientar as principais figuras do pensamento postmoderno.