C1301039: Curso de galego para profesorado en prácticas
Referencia: C1301039
Centro de formación e recursos: A Coruña
Temporalización: 05/11/2013 - 17/12/2013
Lugar: A coruña
Prazas: 50
Horas totais 20
Obxectivos
1.Mellorar a competencia lingüística en galego para o ensino das distintas áreas curriculares.
2.Mellorar o coñecemento sociolingüístico da Galicia e as súas aplicacións prácticas no ensino.
3.Ter consciencia das implicacións sociais das linguas en contacto, coñecer a problemática do galego e coñecer os recursos.
Contidos
1.Sociolingüística
1.1.A potenciación do multilingüismo en contextos de contacto de linguas. O papel do ensino.
1.2.Aproximación á situación sociolingüiística galega, en especial da comunidade educativa.
1.3.Os prexuízos lingüísticos como impedimentos normalizadores fronte ás actitudes positivas cara á lingua. Papel que debe desempeñar o persoal docente.
1.4.A planificación ligüística en Galicia. Decreto do uso do galego e proxecto lingüístico de cada centro.
2.Formación lingüística nas áreas curriculares
2.1.Habilidades comunicativas en galego para poder cumprir coas esixencias do novo decreto de normalización e cos novos curriculos da LOE.
2.2.A cualificación lingüística actualizada nas distintas áreas. Estratexias, terminoloxía, recursos, materiais, etc.
2.3.Actualización das normas ortográficas do 2003.
2.4.Bibliografía.
Nome relator | Nome relatorio |
---|---|
ANSEMIL MOREIRA, XOSÉ LUIS | Habilidades comunicativas |
CANTO SOUTO, MARTA | Fomento e uso do galego no CEIP Labarta Pose de Baio |
CORTIZAS AMADO, ANTÓN | Papel e actitudes dun bo docente nun país con ensino bilingüe |
GALÁN BOUTUREIRA, PURIFICACIÓN | Normas e uso do galego na documentación dos centros educativos. |
GANTES VILA, TERESA PILAR | Uso e fomento do galego no CEIP ponte dos Brozos |
LÓPEZ AÑÓN, MARÍA JESÚS | Fomento e uso do galego no CEIP Labarta Pose de Baio |
PONTE PATIÑO, MARÍA DEL PILAR | Aproximación á situación socilolíngüística galega. Recursos multimedia para o ensino do galego. |
RODRÍGUEZ CALDERÓN, LAURA | Uso e fomento do galego no CEIP ponte dos Brozos |
Asesor responsable da actividade: SANTIAGO SOBRINO JOSENJE