O repositorio de contidos do portal espazoAbalar incrementouse en 35 novas referencias

Xov, 31/10/2013 - 13:41
O repositorio do espazoAbalar ampliou unha vez máis a súa oferta con 35 novos contidos educativos en formato dixital. Coa nova actualización alcánzanse os 1.986 recursos para educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos en varios idiomas.
 
Nesta ocasión os traballos proceden fundamentalmente:
  • De docentes que utilizaron o procedemento de cesión de dereitos: José Manuel Míguez Rodríguez, Senén Olano Álvarez, e os alumnos e alumnas do CEIP Plurilingüe Antonio Palacios (coordinador: Benito Gil Martínez ) 
  • Das licenzas de formación durante o curso 2011/2012 de: Claudina Maneiro Arriaga, Xosé Antón García González, Raquel López Rodríguez, Silvia Iglesias González e Mª Concepción Pazo Ferreiro. 
  • De materiais creados no curso "Creación de actividades didácticas en liña con Ardora. Uso didáctico" no curso 2012/2013.
  • De traballos realizados na convocatoria "Piale 2012"
  • Máis información