Título node Learning object

Cine e educación: película de animación “O Apóstolo”
Ven, 18/10/2013 - 11:00
O Apóstolo

Artefacto Producións e TRIBU 2.0 acaban de asinar un pioneiro acordo de colaboración, no que, a través da película de animación O APÓSTOLO, se pretende educar o futuro espectador. Trátase dunha proposta dentro da liña de traballo que une Educación e Cine, seguindo a longa tradición de colaboración entre TRIBU 2.0.  e os distintos centros educativos. ( http://ceroenconducta.ning.com/page/tribu-2-0.)


Desenvolveranse unidades didácticas e actividades na aula ao longo do mes de novembro, que teñen como punto de partida unhas XORNADAS MATINAIS o 31 de OUTUBRO, nas que se intentará recuperar a nosa propia cultura a través do cine de animación. Esta actividade coordinarase a través do blog:

http://animasoapostolo.blogspot.com.es/


Os requisitos que deben reunir os centros educativos son posuír un espazo apropiado para realizar a proxección e aboar 20 € para participar na campaña 'LUCES, CINE e ANIMACIÓN'.

O pagamento inclúe:

  • Envío da copia da película, con gran número de contidos extras exclusivos e a cesión dos dereitos de proxección da devandita copia en todas as actividades que o centro queira organizar ao longo do tempo e cun número  ilimitado de pases. A copia pasaría a ser propiedade do centro educativo e podería utilizarse en calquera outro tipo de actividades organizadas por este, como conferencias, ciclos de cine, actividades xuvenís.... Poderíanse realizar gratuitamente varios pases no fin de semana de Defuntos, tras as xornadas matinais.
  • Deseño da cartelería para anunciar todos pases e actividades relacionadas coa película  'O APÓSTOLO'.
  • Participación nas XORNADAS MATINAIS de cine o día 31 de outubro.
  • Coordinación de actividades nos centros por parte de TRIBU 2.0 e “Cero en conduta”, que ademais se ocupan do deseño dos contidos pedagóxicos e unidades didácticas.

Menús Learning object node R