S1301022: Metodoloxía didáctica específica para o profesorado de FP

Cun enfoque práctico, esta actividade formativa pretende amosar ao profesorado de FP formas de innovar na aula para acadar un ensino mais eficaz e unha maior participación do alumnado, repasando os diferentes aspectos da práctica docente no contexto da formación profesional.
Lun, 16/09/2013 - 21:11
metodoloxia fp

Unha das novidades do plan anual de formación de profesorado 2013-14 é o curso presencial "Metodoloxía didáctica específica para o profesorado de FP". Dende un enfoque práctico, esta actividade formativa pretende amosar ao profesorado de FP formas de innovar na aula para acadar un ensino mais eficaz e unha maior participación do alumnado, repasando os diferentes aspectos da práctica docente no contexto da formación profesional:

  • Modos de avaliar aos alumnos e a propia práctica docente.
  • Dinámicas para organizar, motivar e controlar o traballo dos alumnos na aula.
  • Ferramentas, estratexias e recursos para o ensino na FP.

O curso é e caracter presencial e se celebrará no CAFI. Ademais terán lugar 4 edicións en paralelo, nos CFRs de Lugo, Pontevedra, Ourense e A Coruña.

As 6 sesións das que consta o curso distribuíronse ao longo do primeiro trimestre, os martes pola tarde. O intervalo de tempo entre as sesións, ten por obxecto dar tempo ao profesorado participante a poñer en práctica parte do aprendido, ou alo menos a reflexionar sobre a súa propia metodoxía docente.

 

24/9/2013

17:30-20:30

Metodoloxías docentes innovadoras
  • Os compoñentes básicos do método docente:
    • Metodoloxía tradicional fronte á metodoloxía innovadora
    • A selección do método
    • As técnicas didácticas
    • Os recursos didácticos
    1. Materiais convencionais
    2. Materiais audiovisuais
    3. Novas tecnoloxías
    4. Outros recursos

8/10/2013

17:30-20:30

Dinamización do traballo na aula
  • As dinámicas de grupo aplicadas á formación
  • Características e funcionamento dos grupos.
  • Técnicas de formación de grupos
  • Dinámicas para gran grupo
  • Dinámicas para pequeno grupo
  • Elección das técnicas:
    1. Técnicas de presentación.
    2. Técnicas divisorias.
    3. Técnicas para fomentar a participación.
    4. Técnicas de planificación.
    5. Técnicas de discusión e obtención de ideas
    6. Outras

22/10/2013

17:00-21:00

Estratexias para afrontar a diversidade do alumnado: o sociograma.
  • Introdución á sociometría
  • Utilidade do sociograma na aula
  • Fases na elaboración do sociograma
    1. Elaboración do cuestionario do docente
    2. Elaboración do cuestionario para o alumnado
    3. Recollida e análise de datos
    4. Interpretación dos resultados

5/11/2013

17:30-20:30

Metodoloxías de avaliación da FP
  • Instrumentos y técnicas de avaliación segundo os obxectivos e tipos de aprendizaxe
    1. Técnicas e instrumentos para avaliar coñecementos teóricos
    2. Técnicas e instrumentos para avaliar habilidades e destrezas
    3. Técnicas e instrumentos para avaliar comportamentos e actitudes

19/11/2013

17:00-21:00

Aula 10

Traballo cooperativo e por proxectos.
  • Delimitación do concepto didáctico de proxecto.
  • Estratexias de traballo cooperativo
  • Xestores de proxecto: concepto e clasificación
  • Aplicación didáctica: utilización dun xestor nun proxecto.

26/11/2013

17:30-20:30

A autoavaliación da práctica docente.
  • Avaliación da acción formativa
    1. Avaliación dos obxectivos
    2. Avaliación dos contidos
    3. Avaliación da metodoloxía
    4. Avaliación das actividades e recursos
    5. Avaliación do formador
  • Instrumentos para la avaliación das competencias docentes

 

Data de comezo: 24 de Setembro

Data de finalización: 26 de Novembro

Lugar de celebración: Centro Autonómico de Formación e Innovación

Número de horas totais: 20 horas

Ligazón a fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=54401