Resolución provisional do concurso de méritos específico para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta Consellería
Xúntase a Resolución provisional do profesorado admitido e excluído que participaron no concurso de méritos entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
De conformidade co artigo 5.3 da Orde do 28 de maio de 2013 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei Orgánica de Educación 2/2006, do 3 de maio, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publícase:
- Anexo I.- Resolución provisional do profesorado admitido coa expresión das puntuacións obtidas nos distintos apartados do baremo.
- Anexo II.- Resolución provisional do profesorado excluído.
O prazo de reclamación é de 10 días naturais dende a súa publicación no portal educativo desta Consellería.