Publicación das listaxes de instancias coa baremación provisional do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura de departamento de Orientación para o ano 2019

Gallego

Para consultar a baremación o persoal docente do corpo de mestres que participen no concurso específico elixirá no menú a opción Listaxes concurso > Listaxes de intancias.

Na disposición décimo quinta da Orde do 22 de outubro (DOG núm. 237, do 13 de decembro de 2018) establecese que o persoal concursante poderá formular reclamacións á puntuación outorgada, con anterioridade á resolución provisional do concurso, unha vez que se fagan públicas na páxina web desta consellería.

  • O prazo será desde o 27 de febreiro ata o 15 de marzo.

Pasos a seguir para reclamar:

1º Na opción Participación do menú poderá ver a solicitude validada. No caso de formular unha reclamación deberá premer na ligazón “Reclamar baremo” da columna “Prazo reclamación baremo provisional” e abrirase unha nova xanela.

2º Nesta xanela poderá reclamar en cada un dos apartados que considere necesario.

3º Cando remate de redactar a reclamación hai que premer no botón “gardar” e a continuación no botón “volver”.

4º Na ligazón PDF Reclamacións da columna Prazo reclamación resolución provisional poderá xerar o informe que deberá presentar por correo electrónico.

Máis información:

Para calquera información ou dúbida, o persoal docente pode poñerse en contacto co Servizo de profesorado de Educación Infantil e Primaria:
Teléfonos: 981 545495 – 981 544487
Ou ben a través do correo electrónico persoal.primaria@edu.xunta.es

Colectivo: 

Sección: 

Axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras

Gallego

Orde do 12 de febreiro de 2019 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras.

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

 

Colectivo: 

Sección: 

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo para especialistas de nacionalidade estranxeira para impartir chinés (592004)

Gallego

Resolución do 22 de febreiro de 2019 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración dunha lista de interinidades/substitucións de profesorado especialista de nacionalidade estranxeira para impartir docencia no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, especialidade de chinés (592004).

 

Colectivo: 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Listaxes provisionais de inscrición e exencións. Convocatoria 2019

Gallego
Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e as listaxes de exención para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Período de reclamación: do día 26 de febreiro ao 1 de marzo, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.

Tema: 

Colectivo: 

Instrucións para a realización, dentro do curso 2018/2019, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2019/2020

Gallego

Resolución do 11 de febreiro de 2019, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2018/19, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2019/20.

 

Ensinanza: 

Sección: 

Oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes de Galicia para o ano 2019

Gallego

Decreto 12/2019, do 7 de febreiro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.
 

Tema: 

Colectivo: 

Acreditación de competencias. Listaxes de solicitantes. Convocatoria 2019

Gallego

Publicación das listaxes de solicitantes para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2019.

O prazo para presentar emenda de documentación ou reclamación será do xoves día 21 de febreiro ao sábado día 2 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.

Vacantes provisionais para o concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, EAA e OA, CMUS, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación para o ano 2019

Gallego

Resolución do 20 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as vacantes provisionais que serán obxecto de provisión no concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación.

 

Colectivo: 

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

Convocadas axudas para a realización de  actividades  de  formación  en  linguas  estranxeiras  no  ano  2019,  destinadas  ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos
Gallego

Orde do 4 de febreiro de 2019 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.
 

  • O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
     
  • A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.gal/axudasle.

 

 

 

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Convocatoria e selección de centros públicos de ensino non universitario para participar no programa EduExchanges para o curso 2018/2019

Gallego

Resolución do 14 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se regula a convocatoria e selección de centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa “EduExchanges” de intercambio de alumnado con centros educativos doutros países da Unión Europea durante o curso 2018/2019.

  • O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Portal Educativo.