Cales son os requisitos para acceder a un ciclo de grao medio?
Para poder cursar estudos de ciclos formativos de grao medio, o alumnado debe cumprir algún dos requisitos seguintes:
- Posuír o título de graduado en educación secundaria.
- Posuír o título profesional básico (o perfil de cada título indica os ciclos de grao medio con preferencia de acceso).
- Posuír o título de técnico dun ciclo formativo de grao medio de formación profesional.
- Posuír o título de técnico auxiliar.
- Posuír unha titulación universitaria ou equivalente, para efectos académicos.
- Ter aprobado o segundo curso de bacharelato unificado polivalente (BUP) ou ter un máximo de dúas materias pendentes no conxunto dos dous primeiros cursos.
- Ter superado o segundo curso do primeiro ciclo experimental da reforma das ensinanzas medias (REM).
- Ter superado o terceiro curso do plan de 1963 das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos.
- Ter superados outros estudos declarados equivalentes, para efectos académicos, con algúns dos anteriores.
- Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
- Ter superada a proba de acceso a ciclos formativos.
De non cumprir ningún dos requisitos anteriores é posible acceder a un ciclo de grao medio superando as probas de acceso que as administracións educativas organizan todos os anos. Para iso é preciso cumprir dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.
Tema: