Vocational Itinerary in Training and Education in Agriculture (VITEA)
O proxecto europeo Vitea céntrase na poda como a actividade profesional. A formación en poda está presente en todos os países produtores de viño da Unión Europea . Polo xeral conducen a probas de certificación. Con todo os viticultores teñen dificultades para atopar profesionais cualificados debido á desvalorización social dunha actividade de carácter temporal.
Este proxecto pretende dar resposta ás seguintes necesidades:
- Necesidade dos profesionais do sector vitícola. Precisan de profesionais cualificados
- Necesidade de manter os postos de traballo
- Mellorar a remuneración
- Avanzar ata empregos máis cualificados
O obxectivo final é lograr unha certificación europea da formación profesional recoñecida por todos os países europeos produtores de viño. Experimentar con ferramentas educativas na formación profesional que respondan ás necesidades das adegas e formar profesionais cualificados.
Esta asociación está formada por once socios dos seguintes países: Francia, Eslovenia, Austria, Protugal, Italia, Hungría e España. A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional é socio deste proxecto que coordina unha institución francesa.