Admisión a ciclos formativos. Listaxes provisionais de solicitudes. Convocatoria extraordinaria 2021-2022
Publicación das listaxes provisionais de solicitudes do período extraordinario de admisión a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e en modalidade a distancia.
O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde as 9:00 horas do martes 14 de setembro ata as 13:00 horas do xoves 16 de setembro de 2021.
A reclamación deberase realizar empregando o asistente informático que pode atopar en Servizos en liña.
As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática ciclosadmisión ou directamente nesta ligazón.
- Nota: As listaxes de solicitudes do proceso de admisión a ciclos formativos pola cota reservada para persoas con discapacidade, legalmente recoñecida, están dispoñibles para a consulta nas secretarías dos centros de inscrición.
Réxime ordinario
Réxime para as persoas adultas
Modalidade presencial
Modalidade distancia