Europa. Next Station: Improving Professional Skills in Galicia
O novo proxecto “Next Station: Improving Professional Skills in Galicia”: 2016-1-ES01-KA102-024869 foi concedido á Dirección Xeral de Educación, FP e Innovación Educativa na convocatoria de 2016 do programa Erasmus+ 2014-2020. O proxecto aprobouse polo Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) dentro dos proxectos de mobilidade KA102 de Formación Profesional.
O proxecto ten un presuposto de 1.462.113,00 € que é o de maior volume e importe de todos os concedidos a nivel nacional. Suporá a posibilidade de que 395 alumnos e 75 profesores podan facer prácticas en diferentes países da Unión Europea desde setembro de 2016 ata xuño de 2018. Tamén se conceden 37 prazas para profesorado acompañante, pensado principalmente para o alumnado de formación profesional básica e o alumnado menor de idade.
Este proxecto supón unha continuidade na participación da Dirección Xeral de Educación, FP e Innovación Educativa nos proxectos de mobilidade para o alumnado de ciclos de Formación Profesional de grao medio, cun incremento importante do número de alumnado e profesorado desde a convocatoria de 2012.
Proxectos | Mobilidades | Participantes |
Convocatoria 2012 Europa. Next Station: |
51 mobilidades de alumnado | 17 CIFP |
Convocatoria 2013 Europa. Next Station II: |
100 mobilidades de alumnado | 19 CIFP |
Convocatoria 2014 Europa. Next Station: Vocational TrainingNetwork |
324 mobilidades de alumnado para FCT |
19 CIFP |
Convocatoria 2016 Europa. Next Station: Improving ProfessionalSkills in Galicia
IMPORTE CONCEDIDO: 1.462.113,00 euros |
325 mobilidades de alumnado de ciclos de grao medio para FCT 20 mobilidades de alumnado de FP básica 50 mobilidades de persoas tituladas 37 profesores acompañantes 75 mobilidades de profesorado 30 expertos de empresas extranxeiras |
19 CIFP |
O proxecto ten como novidades:
- O alumnado participante fará as prácticas de FCT en empresas cunha duración de 11 semanas.
- Participa por primeira vez alumnado de FP básica que fará prácticas en empresas ou centros educativos cunha duración de 5 semanas.
- Ampliación do número de mobilidades para os titulados de ciclos de Formación Profesional de grao medio coa posibilidade de prácticas en empresas durante 6 meses.
- O profesorado poderá facer prácticas ou visitas a centros educativos e empresas durante unha semana ou ben durante un mes, segundo os casos.
- Concédense 37 prazas para profesorado acompañante para apoiar especialmente ao alumnado de FP básica.
- Expertos de empresas estranxeiras poderán dar formación especializada ao alumnado e profesorado dos centros educativos do consorcio.
Os socios de acollida neste proxecto pertencen aos seguintes países: Alemaña, Finlandia, Polonia, Italia, Portugal, Francia, Malta, Países Baixos, Irlanda, Reino Unido e Grecia.
Centros educativos participantes por provincias
- A Coruña
-
Centro educativo Teléfono Correo electrónico CIFP Ánxel Casal - Monte Alto (A Coruña) 881 960 122 cifp.anxel.casal@edu.xunta.es
p.europeos.anxelcasal@gmail.comCIFP Compostela (Santiago de Compostela) 881 866 570 cifp.compostela@edu.xunta.es
programas.europeos.compostela@edu.xunta.esCIFP Coroso (Ribeira) 881 866 874 cifp.coroso@edu.xunta.es
internacionalcoroso@edu.xunta.esCIFP Ferrolterra (Ferrol) 981 333 107 cifp.ferrolterra@edu.xunta.es
CIFP Paseo das Pontes (A Coruña) 881 961 030 cifp.paseodaspontes@edu.xunta.es
CIFP Politécnico de Santiago 881 867 601 cifp.politecnico.santiago@edu.xunta.es
polisanteu@gmail.comCIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol) 881 930 145 cifp.rodolfo.ucha@edu.xunta.es
programasinternacionais@cifprodolfoucha.esCIFP Someso (A Coruña) 881 880 001 cifp.someso@edu.xunta.es
erasmus.someso@gmail.comIES A Sardiñeira (A Coruña) 881 960 150 ies.sardineira@edu.xunta.es
ies.sardineira.erasmus@gmail.comIES Arcebispo Xelmírez I (Santiago de Compostela) 881 866 962 ies.arcebispo.xelmirez@edu.xunta.es
IES de Sabón (Arteixo) 881 960 140 ies.sabon.arteixo@edu.xunta.es
IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela) 881 866 611 ies.lamas.abade@edu.xunta.es
IES Monte Neme (Carballo) 881 960 050 ies.monte.neme@edu.xunta.es
erasmusmonteneme@gmail.com - Lugo
-
Centro educativo Teléfono Correo electrónico CIFP As Mercedes (Lugo) 982 828 001 cifp.asmercedes@edu.xunta.es
programaseuropeos.asmercedes@gmail.comCIFP Politécnico de Lugo 982 220 328 cifp.politecnico.lugo@edu.xunta.es
programas.internacionais@politecnicolugo.orgCIFP Porta da Auga (Ribadeo) 982 128 894 cifp.portadaauga@edu.xunta.es
IES Francisco Daviña Rey (Monforte de Lemos) 982 828 200 ies.francisco.davina@edu.xunta.es
IES Lois Peña Novo (Vilalba) 982 870 860 ies.lois.pena.novo@edu.xunta.es
IES María Sarmiento (Viveiro) 982 870 916 ies.maria.sarmiento@edu.xunta.es
IES Muralla Romana (Lugo) 982 828 081 ies.muralla.romana@edu.xunta.es
erasmus.muralla.romana@hotmail.comIES Perdouro (Burela) 982 870 102 ies.perdouro@edu.xunta.es
- Ourense
-
Centro educativo Teléfono Correo electrónico CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel (Ourense) 988 788 470 cifp.carballeira@edu.xunta.es
CIFP A Farixa (Ourense) 988 236 552 cifp.farixa@edu.xunta.es
programasinternacionales@farixa.esCIFP Portovello (Ourense) 988 788 901 cifp.portovello@edu.xunta.es
prog.internacionales@gmail.comIES 12 de Outubro (Ourense) 988 788 211 ies.12.outubro@edu.xunta.es
12octubreeuropa@gmail.comIES O Ribeiro (Ribadavia) 988 788 460 ies.oribeiro@edu.xunta.es
- Pontevedra
-
Centro educativo Teléfono Correo electrónico CIFP A Granxa (Ponteareas) 886 120 880 cifp.granxa@edu.xunta.es
erasmusgranxa@gmail.comCIFP A Xunqueira (Pontevedra) 986 873 003 cifp.xunqueira@edu.xunta.es
CIFP Carlos Oroza (Pontevedra) 886 159 545 cifp.carlos.oroza@edu.xunta.es
programas.internacionais@cifpcarlosoroza.esCIFP Manuel Antonio (Vigo) 886 120 750 cifp.manuel.antonio@edu.xunta.es
internacional.manuelantonio@gmail.comCIFP Valentín Paz Andrade (Vigo) 886 110 857 cifp.paz.andrade@edu.xunta.es
programaseuropeosvpa@gmail.comIES Antón Losada Diéguez (A Estrada) 886 151 924 ies.losada.dieguez@edu.xunta.es
ieslosada.erasmus@gmail.comIES de Teis (Vigo) 886 120 464 ies.teis@edu.xunta.es
erasmus.ies.teis@gmail.comIES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra) 986 852 654 ies.freimartin.sarmiento@edu.xunta.es
IES Pedra da Auga (Ponteareas) 986 641 017 ies.pedra.auga@edu.xunta.es
IES Ramón Cabanillas (Cambados) 886 151 913 ies.ramon.cabanillas@edu.xunta.es
IES Ricardo Mella (Vigo) 886 121 001 ies.ricardo.mella@edu.xunta.es
Finalidade
A finalidade deste proxecto é consolidar o número de mobilidades IVT dos estudantes de ciclos de grao medio de Formación Profesional nos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia para que melloren a súa formación lingüística e cultural, o coñecemento de diferentes formas de produción, deseño, materiais e formas de traballo noutros países da Unión Europea. Hai tamén unha aposta forte polo alumnado de FP básica para que poda participar nas mobilidades e mellorar as súas posibilidades de acceso ao mercado de traballo. Aumentamos a oferta de prazas para o alumnado recén titulado e para o profesorado. Ao mesmo tempo recibimos alumnado e profesorado doutros países para que realicen as súas prácticas en Galicia.
Con esta actuación queremos continuar e ampliar a rede de contactos da NETWORKING-GALICIA dos CIFP e IES participantes nos proxectos de mobilidade dende 2012, para fomentar as relacións entre os socios de acollida e de envío dos distintos países comunitarios nos proxectos de mobilidade para o alumnado e o profesorado de Galicia.
- Procedemento para o desenvolvemento do proxecto de mobilidade Erasmus+ KA102 "Next Station: Improving Professional Skills in Galicia" 2016-2018, concedido ao abeiro da convocatoria de propostas 2016. Acceda ao documento
Información e contacto:
Asesoría de emprendemento e programas europeos FP
Correo eléctrónico: eduemprende@edu.xunta.es
Teléfono: 981 54 65 64