Galiciaskills 2021. Sedes e datas do 6º Campionato Galego de Formación Profesional

Publicadas as sedes e as datas de celebración das 23 modalidades do 6º Campionato Galego de Formación Profesional Galiciaskills 2021, que se celebrará entre o martes 5 e o venres 8 de outubro de 2021. As persoas gañadoras de cada unha das modalidades representarán a Galicia en Spanskills 2021, que terá lugar a finais deste ano.

Os equipos participantes poden obter máis información no portal de Galiciaskills ou no enderezo de correo galiciaskills@edu.xunta.gal.

Etiquetas: