FP dual. Convocatoria xuño 2018

Requisitos das persoas solicitantes

  • Ter entre dezaoito anos (ou facelos no ano natural en que comece o ciclo formativo) e vinte e nove anos no momento de inicio do ciclo formativo.
  • Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos establecidos no artigo 41 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, segundo a redacción dada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora educativa, ou na disposición adicional terceira desta última lei, para poder matricularse en todos os módulos profesionais do ciclo formativo correspondente, e que se detallan no modelo de solicitude, no anexo I.
  • Carecer da cualificación profesional obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
  • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.
  • Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.

Lugar e prazo de presentación de solicitudes

As persoas interesadas presentarán unha única solicitude, utilizando o formulario normalizado do anexo I, que se entregará nun dos centros que figuran no apartado Oferta por concello, preferentemente no centro onde se oferte o ciclo para o que solicita admisión. A solicitude irá dirixida á dirección do centro educativo.

Se a persoa solicitante presenta máis dunha solicitude ou solicita máis dun proxecto, non se terá en conta a súa petición.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 25 de xuño ata as 13.00 horas do día 3 de xullo de 2018.

Ampliación do prazo de presentación de solicitudes

Amplíase o prazo de presentación de solicitudes para os proxectos de formación profesional dual de ciclos formativos convocados pola orde do 14 de xuño de 2018, que tras a finalización do período establecido de solicitudes, aínda dispoñen de prazas vacantes.

A persoa interesada en matricularse nalgún destes ciclos formativos presentará unha única solicitude en calquera dos centros que aparecen no anexo II da Orde do 14 de xuño de 2018, preferentemente no centro onde se oferte o ciclo para o que solicita admisión.

Nota: O prazo ampliado de presentación de solicitudes rematou o 21/10/2018.

Documentación

A solicitude de admisión, anexo I, deberá ir acompañada da seguinte documentación:

  • Copia do pasaporte ou do documento de identificación da Unión Europea, cando non se dispoña de DNI ou NIE.
  • No caso de non ter realizados os estudos ou as probas de acceso no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, certificación académica en que conste o expediente académico e o depósito do título, de ser o caso, ou o certificado da superación da proba de acceso ao ciclo formativo ou da proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • Currículo co formato Europass, que se poderá elaborar no enderezo: https://europass.cedefop.europa.eu/es/documents/curriculum-vitae.

Listaxes do procedemento de admisión

O prazo de presentación de solicitudes está pechado.

Oferta de ensinanzas

Etiquetas: 
Tema: