Ampliación da oferta de ciclos de FP dual para o curso 2019/2020
Amplíase a oferta de proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades para o curso 2019/2020.
Oferta de ensinanzas
Centro: 36014489 - CIFP A Xunqueira
Concello: Pontevedra
Ciclo formativo: MTMV02 - Electromecánica de vehículos automóbiles
Entidades colaboradoras: Varias
Prazas: 12
Remuneración: Por bolsa
Duración: 2 anos
Lugar e prazo de presentación de solicitude
As persoas interesadas presentarán unha solicitude, utilizando o formulario normalizado do anexo I, que se entregará no CIFP A Xunqueira. A solicitude irá dirixida á dirección do centro educativo.
O prazo de presentación de solicitudes será ata as 13.00 horas do día 25 de setembro de 2019.