Información xeral

As ensinanzas de formación profesional a distancia caracterízanse pola flexibilidade, de xeito que lles permitan ás persoas a posibilidade de combinaren o estudo e a formación coa actividade laboral, coas cargas familiares ou con outras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais.

Persoas destinatarias

As persoas adultas, especialmente as que teñan acreditada experiencia profesional, preferentemente nun sector produtivo directamente relacionado co ciclo formativo.

Recoméndase posuír coñecementos básicos de uso do computador persoal e de internet (navegar en páxinas web, correo electrónico, etc.)

Na seguinte ligazón pode consultar as recomendacións de itinerarios formativos nas ensinanzas en oferta modular. É conveniente consultar esta información antes de realizar a solicitude de admisión destas ensinanzas para deseñar o itinerario formativo persoal que resulte máis conveniente en cada situación.

 

Etiquetas: