FPBásicaSkills 2022. Competicións
Floraría
De 9:30 a 11:00. Recepción das persoas participantes.
De 11:00 a 12:00. Inauguración e preliminares.
De 12:00 a 14:00. Primeira proba.
De 14:00 a 15:00. Descanso para xantar.
De 15:00 a 18:00. Segunda proba.
De 18:00 a 18:30. Deliberación do xurado.
Os/as competidores/as terán que:
- Un ramo de man.
- Un arranxo floral con esponxa para a presentación dun produto.
Desenvolverase un máximo de dúas actividades, das cales coma mínimo unha delas consistirá nun traballo floral baseado nunha caixa sorpresa, onde todas as persoas que compiten disporán do mesmo material e deberán utilizar unha porcentaxe mínima deste.
Pódense incluír combinacións de deseños coa función de crear outras composicións, como poden ser decoracións de mesa ou decoración de sala (para parede, colgar, en soporte, no chan, escaparate).
Os deseños poderán inspirarse nun tema proposto ou estarán relacionados cun obxecto determinado.
- Identificación e manipulación das especies de flor cortada, planta e material vexetal e da súa tipoloxía e morfoloxía.
- Identificación e manexo das ferramentas e materiais propios da arte floral.
- Identificación e manexo de elementos de soporte, estrutura e suxeición.
- Coñecementos e aplicación das técnicas e os estilos artísticos de composición en arte floral.
- Aplicación de técnicas ou produtos para a optimización final ou conservación da composición, tendo en conta a normativa ambiental e de prevención de riscos laborais.
- Aplicación de orde e limpeza durante as fases do proceso das composicións florais, así como na presentación do traballo final, tendo en conta a normativa ambiental e de prevención de riscos laborais.
|
|
|
|
|
|