Coñece a formación profesional básica
A formación profesional de grao básico forma parte das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo. Ordénase en ciclos formativos organizados en ámbitos e módulos profesionais de duración variable.
Os ciclos formativos de formación profesional de grao básico teñen unha duración de 2000 horas ou 2 cursos académicos. Na modalidade de FP dual ata 3 cursos.
Estas ensinanzas responden a un perfil profesional que inclúe ao menos unha cualificación profesional completa de nivel 1.
- Que título se obtén?
- Cal é a validez dos títulos?
- Cales son as vías de obtención do título de técnico básico?
- Cales son os requisitos para acceder á FP Básica?
- Que hai que facer para matricularse?
- Cal é o período de admisión na FP Básica?
- Onde podo cursar un ciclo formativo básico?
Superando un ciclo de FP básica obtense o título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e o título de Técnico Básico na especialidade correspondente.
O alumnado en idade de escolarización obrigatoria ten que cumprir os requisitos de acceso establecidos no artigo 90 do Real decreto 659/2023. Por tanto, para acceder aos ciclos formativos de grao básico terá que cumprir simultaneamente as seguintes condicións:
- Ter feitos quince anos ou facelos durante o ano natural en curso.
- Ter cursado o terceiro curso ou, excepcionalmente e a criterio do equipo docente e o responsable da orientación no centro, o segundo curso de educación secundaria obrigatoria.
- Ser obxecto de proposta ou solicitar por petición propia, xunto cos pais, as nais ou persoas titoras legais, a incorporación a un ciclo formativo de grao básico, cando o perfil vocacional do alumno ou da alumna así o aconselle.
Deste xeito, dentro do grupo de alumando en idade de escolarización obrigatoria temos dous subgrupos.
- Alumnado procedente de 2º de ESO proposto polo centro educativo para a súa incorporación a un ciclo formativo de grao básico.
- Alumnado procedente de 3º ou 4º de ESO que solicita por petición propia, xunto cos seus pais, nais ou persoas titoras, a incorporación a un ciclo formativo de grao básico.
- Que fagan 17, 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo, con independencia de que estivesen ou non escolarizadas no curso escolar anterior
- Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos
Cales son as vías de obtención do título de técnico básico?
- Superar un ciclo de formación profesional básica
Cales son os requisitos para acceder á FP Básica?
Requisitos que debe cumprir o alumnado de forma simultánea:
- Ser proposto/a polo equipo docente
- Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais
- Ter feitos quince anos ou facelos durante o ano natural en curso
- Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso
De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:
- Que fagan 17, 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo
- Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos
Que hai que facer para matricularse?
No caso de alumnado que estea a cursar ensinanzas de 2º de ESO que sexa proposto polo equipo docente para incorporarse a un ciclo de grao básico e que teña o consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais, será o centro de orixe o encargado de recoller e cargar os datos da solicitude de admisión na aplicación informática. O centro entregará un resgardo da solicitude ás persoas solicitantes e aos seus representantes legais.
O alumnado que estea a cursar ensinanzas de 3º ou 4º de ESO que desexe solicitar por petición propia, xunto cos seus pais, nais ou persoas titoras, a incorporación a un ciclo formativo de grao básico, deberá facer a solicitude no centro de orixe directamente no prazo de presentación de solicitudes establecido. O centro facilitará a información e a documentación necesaria, e asesorará a este alumnado no proceso de realización da solicitude.
No caso de alumnado de FP básica repetidor, de 1º ou de 2º curso, ou que promociona a 2º curso a solicitude será presentada no centro onde está matriculado no curso actual.
No resto dos casos (alumnado con 17, 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo, con independencia de que estivesen ou non escolarizadas no curso escolar anterior) presentarán unha única solicitude de admisión e matrícula, asinada pola persoa solicitante (se esta é menor de idade, ademais deberá ser asinada por calquera dos/das titulares da patria potestade ou representantes legais) segundo o anexo I, no centro no que pretendan ser admitidos.