Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Desenvolver e xestionar proxectos de montaxe e mantemento de instalacións automáticas de medida, regulación e control de procesos en sistemas industriais, así como supervisar ou executar a montaxe, o mantemento e a posta en marcha deses sistemas, respectando criterios de calidade, seguridade, protección ambiental e deseño universal.

En que ámbitos se traballa?

Exércese a actividade profesional en empresas públicas e privadas relacionadas cos sistemas automáticos industriais, nas áreas de deseño, montaxe e mantemento de sistemas de automatización industrial.

Que ocupacións se desempeñan?
Xefe/a de equipo de supervisión de montaxe de sistemas de automatización industrial
Xefe/a de equipo de supervisión de mantemento de sistemas de automatización industrial
Verificador/ora de aparellos, cadros e equipamentos eléctricos
Xefe/a de equipo en taller electromecánico
Técnico/a en organización de mantemento de sistemas de automatización industrial
Técnico/a de posta en marcha de sistemas de automatización industrial
Proxectista de sistemas de control de sistemas de automatización industrial
Proxectista de sistemas de medida e regulación de sistemas de automatización industrial
Proxectista de redes de comunicación de sistemas de automatización industrial
Programador/oracontrolador/ora de robots industriais
Técnico/a en deseño de sistemas de control eléctrico
Deseñador/ora de circuítos e sistemas integrados en automatización industrial
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP0963 Documentación técnica 107
MP0970 Formación e orientación laboral 107
MP0964 Informática industrial 107
MP0961 Sistemas de medida e regulación 133
MP0962 Sistemas de potencia 186
MP0959 Sistemas eléctricos, pneumáticos e hidráulicos 160
MP0960 Sistemas secuenciais programables 160
MP0967 Comunicacións industriais 192
MP0971 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP0972 Formación en centros de traballo 384
MP0968 Integración de sistemas de automatización industrial 175
MP0969 Proxecto de automatización e robótica industrial 26
MP0966 Robótica industrial 87
MP0965 Sistemas programables avanzados 123
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Automatización e robótica industrial

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia