Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

A competencia xeral deste título consiste en fabricar elementos de carpintaría e mobles, realizando os procesos de mecanizado, montaxe, acabamento, almacenamento e expedición de produtos, cumprindo as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.

En que ámbitos se traballa?

Este profesional exerce a súa actividade nas industrias dedicadas á fabricación e a montaxe de moblaxe e elementos de carpintaría, e na aplicación de produtos de acabamento.

Que ocupacións se desempeñan?
Operador/ora de máquinas fixas para fabricar produtos de madeira
Operador/ora de prensas
Operador/ora armador/ora en banco
Montador/ora ensamblador/ora de elementos de carpintaría
Vernizador/ora lacador/ora
Responsable de sección de acabamentos
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP0542 Control de almacén 53
MP0548 Formación e orientación laboral 107
MP0538 Materiais en carpintaría e moble 133
MP0540 Operacións básicas de carpintaría 240
MP0541 Operacións básicas de moblaxe 240
MP0539 Solucións construtivas 187
MP0547 Acabamentos en carpintaría e moble 87
MP0543 Documentación técnica 140
MP0549 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP0550 Formación en centros de traballo 410
MP0544 Mecanizado de madeira e derivados 158
MP0545 Mecanizado por control numérico en carpintaría e moble 105
MP0546 Montaxe de carpintaría e moble 87
Que título se obtén?

Título de Técnico en Carpintaría e moble

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia
A Coruña
Coruña, A
Lugo