Folletos Web Ciclo
Montar e manter maquinaria e equipamento industrial e liñas automatizadas de produción, de acordo coas normas e os regulamentos establecidos, seguindo os protocolos de calidade, de seguridade e de prevención de riscos laborais e respecto polo ambiente.
En empresas, maioritariamente privadas, dedicadas á montaxe e ao mantemento ou instalacións de maquinaria, equipamento industrial e liñas automatizadas, por conta propia ou allea.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP0952 | Automatismos pneumáticos e hidráulicos | 240 |
1º | MP0951 | Electricidade e automatismos eléctricos | 240 |
1º | MP0956 | Formación e orientación laboral | 107 |
1º | MP0949 | Técnicas de fabricación | 240 |
1º | MP0950 | Técnicas de unión e montaxe | 133 |
2º | MP0957 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
2º | MP0958 | Formación en centros de traballo | 410 |
2º | MP0955 | Montaxe e mantemento de liñas automatizadas | 175 |
2º | MP0954 | Montaxe e mantemento eléctrico-electrónico | 192 |
2º | MP0953 | Montaxe e mantemento mecánico | 210 |
Título de Técnico en Mantemento electromecánico
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.