Proxectos KA102 2020-2023
A Consellería de Cultura, Educación e Formación Profesional, a través da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, solicitou unha subvención da Unión Europea ao abeiro do programa sectorial Erasmus, correspondentes á Convocatoria nacional de propostas do Programa Erasmus+ para 2020.
Mediante Resolución do 31 de xullo de 2020 da Dirección do Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) publicáronse as listaxes de solicitudes seleccionadas, en lista de reserva, rexeitadas e excluídas de proxectos de Mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe KA101, KA102, KA104, KA108, KA116, Acción Clave 1, correspondentes á Convocatoria de Propostas do programa Erasmus+ 2020. A Consellería de Cultura, Educación e Formación Profesional resultou beneficiaria dunha axuda para o Consorcio de mobilidades por importe total de 1.257.738 €.
O día 23 de outubro de 2020, o SEPIE e a Consellería de Cultura, Educación e Formación Profesional, a través da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, asinaron o convenio de subvención relativo a un proxecto con varios beneficiarios no marco do programa Erasmus+.
O convenio asinado ten o seguinte número: 2020-1-ES01-KA102-079982.
O proxecto cun orzamento de 1.257.738,00€ permitirá movilidades destinadas ao alumnado (30 prazas de longa duración e 240 prazas de curta duración), ao persoal para docencia (15 prazas) e ao persoal para formación (90 prazas) de ciclos formativos de grao medio e FP Básica dos centros educativos públicos que forman parte do Consorcio de mobilidades, asi como o organismo coordinador, neste caso a D.X. de Formacion Profesional que ten concedido a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no marco do Programa Erasmus+, para realizar mobilidades durante o período de duración do proxecto, ata o 2 de xullo de 2023.
Resolución da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade para o alumnado e o persoal de ciclos formativos de grao medio e FP Básica de centros educativos públicos que imparten formación profesional e que forman parte do consorcio de mobilidade que desenvolverá un proxecto KA102 con múltiples beneficiarios no marco do programa Erasmus+. Proxecto 2020-1-ES01-KA102-079982. Acceda á Resolución.
Publicada a corrección de erros da Resolución da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade para o alumnado e o persoal de ciclos formativos de grao medio e FP Básica de centros educativos públicos que imparten formación profesional e que forman parte do Consorcio de Mobilidade que desenvolverá un proxecto KA102 con múltiples beneficiarios no marco do Programa Erasmus+ Proxecto 2020-1-ES01-KA102-079982. Acceda á corrección de erros.
Información e contacto:
Asesoría de Programas Europeos FP
Correo eléctrónico: programas.europeosfp@edu.xunta.gal