Admisión a ciclos formativos. Ciclos e módulos formativos con prazas dispoñibles
Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para ás ensinanzas correspondentes.
As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas dispoñibles. A matrícula realizarase por orde de chegada.
Para solicitar a matrícula en ciclos do réxime ordinario con prazas liberadas empregarase o anexo I.
Para solicitar a matrícula en módulos do réxime para as persoas adultas con prazas liberadas empregarase o anexo II.
A matrícula en calquera ciclo con prazas dispoñibles implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.
Réxime ordinario
- Ciclos formativos de grao medio con prazas dispoñibles
- Ciclos formativos de grao superior con prazas dispoñibles
Réxime para as persoas adultas
Modalidade presencial
Modalidade distancia