IES de Vilamarín no Euroskills 2012. Servizo de restaurante e bar
Guillermo González Gómez resultou gañador da medalla de prata na Skill Servizo de restaurante e bar no Campionato Europeo de Formación Profesional, Euroskills 2012, celebrado os días 4-5-6 de outubro no Spa-Francorchamps de Bélgica. Este alumno xa obtivo a medalla de ouro na Olimpíada Nacional de Formación Profesional, Spainskills 2011, e tamén a medalla de ouro no I Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2010. Cursou os estudos de formación profesional CS Restauración no IES de Vilamarín; o profesor Diego Mosquera Miramontes, foi o seu titor e quen o preparou para estas competicións.
Etiquetas:
Multimedia: