Admisión a cursos de especialización. Adxudicación de prazas. Curso 2023-2024
Publicación das listaxes de persoas con praza adxudicada en cursos de especialización para o curso 2023-2024.
As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais, por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática ciclosadmisión ou na seguinte ligazón.
O prazo de matrícula ou renuncia do alumnado admitido en cada curso de especialización abrangue desde o mércores 19 de xullo ata as 13:00 horas do mércores 26 de xullo de 2023. A matrícula ou a renuncia deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada. A renuncia a unha praza adxudicada realízase para permanecer en listaxe de espera doutra de mellor preferencia dentro dos cursos de especialización. As persoas con praza adxudicada nun curso de especialización son excluídas do resto dos procesos de admisión de formación profesional.
Tamén se poderá solicitar matrícula ou renuncia na praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".
Para realizar presencialmente a matrícula ou a renuncia nunha praza adxudicada dun curso de especialización empregarase o seguinte modelo:
Adxudicación continuada. No caso de que algunha persoa con praza adxudicada renuncie a ela ou non se matricule durante o período establecido e nese curso de especialización haxa listaxe de espera, o centro procederá a chamar ás persoas que se atopen na lista de espera polo proceso de adxudicación continuada entre o 27 e o 28 de xullo ás 13:00 horas e do 1 ao 7 de setembro ás 13:00 horas.