Skip to Content

Taboleiro

Árbores senlleiras de Galicia.

 

Dentro do proxecto “O Xermán pensa en verde” que se ven realizando no noso centro desde o inicio deste curso académico, o martes 9 de abril de 2019 desenvolverase unha charla que leva por tíulo “Bosques galegos e conservación da biodiversidade” e “Árbores senlleiras de Galicia”, impartida por Antonio Rigueiro Rodríguez, catedrático do Departamento de Producción vexetal e proxectos de enxeñaría da Escola Politécnica Superior de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela), é tamén director da estación científica do Courel e coordinador de grupo de investigación Sistemas Silvopastorais. A actividade terá lugar nas instalacións do centro de 13:00 a 14:00 horas, está destinada aos grupos de 3º e 4º de ESO, 1º de ciclo básico de Electricidade e electrónica e 1º de Bacharelato, e consistirá nun paseo virtual con apoio de fotografías polos bosques e masas arboradas máis importantes en Galicia: carballeiras, faiais, bidueirais, cerqueirais, bosques mixtos, acevedos, teixedais, bosques de ribeira, sobreiral, aciñeirais, piñeirais, eucaliptais..., así como a definición e os criterios de catalogación das árbores senlleiras.

 

Becas Alumni UC3M

Programa de Bolsas Universitarias dirixidas a estudantes de 2º Bacharelato para estudar na “Universidade Carlos III de Madrid”.

Dirixidas a estudantes con bo expediente académico e escasos recursos económicos, esta axuda consta de 3.000€ por curso.

A data límite para entregar a solicitude e documentación, será o 10 de xuño de 2019.

Estas bolsas fináncianse coas achegas de antigos alumnos, persoal académico e administrativo da UC3M, entidades colaboradoras ou calquera persoa física interesada en colaborar con este programa.

Nota: existe a posibilidade de organizar sesións informativas por Skype a petición do centro para os estudantes interesados.

Máis información.

Concurso sobre consumo responsable e calidade de vida CONSUMÓPOLIS-14.

 A Resolución do 5 de marzo de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, convoca a fase autonómica do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida Consumópolis-14, Pola túa seguridade, sabes o que consomes? (código do procedemento IN114A)

O concurso consta de dúas partes:

A primeira parte do concurso consiste na realización do percorrido pola cidade virtual de Consumópolis, que se desenvolve a través do sitio web www.consumopolis.es

A segunda parte do concurso consiste no deseño, elaboración e presentación dun traballo conxunto sobre consumo responsable.

Participantes.

  • Poderán participar nesta fase autonómica todos aqueles equipos constituídos por cinco alumnos ou alumnas que cursen estudos de 5º ou 6º de educación primaria ou 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria en calquera centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Cada alumno ou alumna participante só poderá formar parte dun equipo. Os equipos deben procurar a paridade, polo que se procurará que cada equipo non teña máis de tres membros do mesmo sexo.

  • Cada equipo debe estar coordinado por un docente do centro. Un mesmo docente poderá coordinar máis dun equipo no seu centro.

  • Non existe límite para o número de equipos que se poden formar en cada centro docente.

Establécense tres categorías de participación:

  • Categoría A: alumnado de 5º e 6º curso de educación primaria.

  • Categoría B: alumnado de 1º e 2º curso de educación secundaria obrigatoria.

  • Categoría C: alumnado de 3º e 4º curso de educación secundaria obrigatoria.

Premios.

Concederanse tres premios de 1.000, 600 e 300 euros para os traballos clasificados respectivamente en primeiro, segundo e terceiro lugar por cada unha das categorías de participación. Os traballos clasificados en primeiro lugar en cada unha das categorías de participación representarán a Comunidade Autónoma de Galicia na fase estatal, que terá lugar en Madrid.

Prazo de presentación.

O prazo para a presentación das solicitudes rematará o día 29 de abril de 2019.

Presentación das solicitudes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Máis información.

Campus científicos de verán 2019.

Convócanse ata 1560 axudas, en réxime de concorrencia competitiva para participar, no ano 2019, no Programa "Campus Científicos de Verán". Os Campus terán lugar do 30 de xuño ao 27 de xullo de 2019, en catro quendas de 7 días de duración cada un, de domingo pola tarde a sábado a mediodía. Desenvolveranse en institutos e/ou departamentos de investigación adscritos ás 13 universidades que colaboran na organización do Programa.

Os requisitos para participar nestes campus son os seguintes:

  • Estar a cursar, no ano académico 2018-2019 ensinos de primeiro curso de Bacharelato da modalidade de Ciencias, ou cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria na opción de ensinos académicos cursando as materias troncais de "bioloxía e xeoloxía" e "física e química" ou na opción de ensinos aplicados cursando as materias troncais de "ciencias aplicadas á actividade profesional" e "tecnoloxía", do sistema educativo español.

  • Nacer con posterioridade ao 31 de decembro de 2001.

  • Non ser adxudicatario/a de unha axuda, participando nun proxecto, en edicións anteriores do Programa Campus Científico de Verán.

  • Obter unha nota media igual ou superior a 8,5 puntos nos estudos cursados no ano escolar 2017-2018. En todo caso, estes estudos deberán cursarse en centros docentes que impartan o currículo académico do sistema educativo español.

A obtención da axuda comportará a cobertura dos gastos inherentes á participación no proxecto adxudicado, con excepción do traslado desde os seus lugares de orixe ata o Campus asignado, así como desde este ata os seus domicilios, que será por conta dos/ as adxudicatarios/ as das axudas. Serán por conta dos beneficiarios das axudas os gastos non derivados do desenvolvemento do Programa. Os/ as solicitantes que obteñan praza, deberán abonar a cantidade de 85 euros, en concepto de matriculación.

Os/ as interesados/ as deberán cumprimentar a solicitude mediante o formulario accesible por vía telemática a través da dirección www.campuscientificos.es Nesta mesma web, poderase acceder aos modelos para cumprimentar a documentación adicional que deberá acompañar ao formulario para completar as solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes, incluíndo tanto o formulario como a documentación adicional indicada na convocatoria, finalizará ás 13,00 horas (hora peninsular) do día 1 de abril de 2019.

Máis información no departamento de orientación.

 

Becas para a participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España.

Convócanse en réxime de concorrencia competitiva, un máximo de 2.400 bolsas para a estancia e participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España en réxime de internado e pensión completa, dunha semana de duración, no mes de xullo de 2019.

BENEFICIARIOS:serán requisitos necesarios para optar a estas bolsas:

Nacer entre o 1 de xaneiro de 1999 e o 31 de decembro de 2002 e estar matriculado no curso 2018-2019 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos:

  • Bacharelato.

  • Ensinos profesionais de música e danza.

  • Grao medio de Formación Profesional.

  • Grao medio de artes plásticas e deseño.

  • Grao medio de ensinos deportivos.

  • Ensinos de idiomas de nivel intermedio ou avanzado.

Obter no curso 2018-2019 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte conforme á Resolución 6 de agosto de 2018, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan bolsas de carácter xeral, para o curso académico 2018-2019, para estudantes que cursen estudos postobligatorios. (BOE do 16 de agosto).

Ter totalmente aprobado o curso inmediato anterior, cunha nota final mínima de 7 puntos na materia de inglés. No caso de solicitantes que estean matriculados en ensinos bilingües pero non cursasen a materia de inglés como materia individualizada o curso anterior, terase en conta a cualificación obtida na materia de inglés de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria.

Estar situado nun lugar da orde de  prelación de solicitudes que lle permita a
obtención dunha das bolsas convocadas.

SOLICITUDES: os interesados deberán cumprimentar a solicitude mediante o formulario accesible por internet na dirección www.educacionyfp.gob.es no apartado correspondente a "Trámites".

O prazo para a presentación de solicitudes finalizará o día 10 de abril de 2019.

CONTÍA DA AXUDA: A adxudicación da bolsa dará lugar á asignación dunha praza para participar na actividade. Con todo, para completar o prezo total do curso os alumnos abonarán necesariamente 100 euros á empresa que resulte adxudicataria do concurso.
Non se concederá contía algunha en concepto de traslado do alumno desde o seu domicilio ao centro de destino nin desde este a o seu domicilio, sendo de conta do alumno devandito traslado.

Máis información.

Obradoiro de prevención do consumo de alcol.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a través dos centros Quérote+, desenvolverá un obradoiro sobre a prevención do consumo de alcol co alumnado de 3º de ESO o luns, 21 de xaneiro de 2019, entre as 16:20 e as 18:00 horas. Abórdase esta temática específica xa que a poboación á que vai dirixido a actividade é altamente susceptible de iniciarse no consumo de alcol. A presión do grupo, as modas, os estereotipos e mesmo a sociedade en si poden ser factores predispostos a que cada fin de semana unha alta porcentaxe da mocidade invista o seu tempo de ocio en actividades que teñen que ver con este fenómeno. O obxectivo deste obradoiro é reflexionar sobre a abordaxe dos aspectos e factores que inflúen na xestión do lecer, tempo libre e toma de decisións dos rapaces e rapazas. Durante o desenvolvemento desta actividade, que será impartida por persoal do centro Quérote+, o alumnado estará nos espacios habituais do instituto e supervisado por persoal docente do centro.

Biodiversidade e conservación.

 

Dentro do proxecto “O Xermán pensa en verde” que se ven desenvolvendo no noso centro desde o inicio deste curso académico, o luns 14 de xaneiro de 2019 desenvolverase unha charla que leva por tíulo “Biodiversidade e conservación”, impartida por María Teresa Rodríguez López, profesora do Departamento de Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo. A actividade terá lugar nas instalacións do centro de 16:20 a 17:10 horas, está destinada aos grupos de 3º e 4º de ESO, 1º de ciclo básico de Electricidade e electrónica e 1º de Bacharelato, e ten como finalidade a explicación do concepto de biodiversidade, a importancia da súa conservación e das cousas que podemos facer por ela .

 

 

O Xermán pensa en verde

No contexto do proxecto “O Xermán pensa en verde”, asistimos á proxección da película 100 días de soidade, que narra a experiencia do fotógrafo español José Díaz vivindo durante cen días nas montañas en completa soidade, gozando da natureza e documentando a beleza que o rodea. Para esta actividade contamos ca presenza do protagonista e realizador do documental, José Díaz, que fai unha presentación do documental e mantén un coloquio co alumnado unha vez rematada a proxección. A actividade realízase o xoves 29 de novembro de 2018 a partir das 11:30 horas na casa da cultura do Concello de A Pobra de Trives.

Día internacional contra a violencia de xénero.

En relación ca conmemoración do 25 de novembro, no noso IES desenvólvese unha charla impartida polas responsables do CIM (Centro de información á muller) do concello de A Pobra de Trives, sobre sensibilización e concienciación do grave problema social que supón a violencia exercida contra as mulleres, facendo notar o considerable incremento dos casos nos últimos anos entre os nosos mozos, debido fundamentalmente ás relacións de control e dependencia que supoñen o primeiro paso na escalada da violencia de xénero.
Tamén se trata de tomar medidas de prevención co fin de evitar que teñan lugar calquera conduta violencia, así como determinar as actuacións precisas a seguir ante tales situacións e as súas posibles consecuencias. A actividade desenvolverase do seguinte xeito:

  • Luns, 26/11/2018 entre as 16:20 e as 18:00 horas con alumnado de 3º e 4º de ESO. 1º de Electricidade e electrónica de FP básica e 1º de bacharelato.
  • Martes, 27/11/2018 entre as 15:30 e as 17:10 horas co alumnado do ciclo medio de Instalacións eléctricas e automáticas e do ciclo superior de Sistemas electrotécnicos e automatizados.

Programa Agora Ti

Por iniciativa do Instituto da Muller, a Fundación SEPI convoca as bolsas correspondentes ao Programa AGORA TI, cuxas características xerais expóñense nas Bases da Convocatoria, que se atopan na dirección: http://www.fundacionsepi.es/becas/stem-fsepi.asp

O Programa está destinado a mulleres novas, estudantes ou tituladas universitarias, así como a tituladas de grao superior de formación profesional do ámbito das disciplinas STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas). As bolsas terán unha duración inicial de seis meses, prorrogables por outros seis meses. Están dotadas dunha asignación económica de 1.100 € para as tituladas universitarias, 1.000 € para estudantes universitarias a falta dun máximo de 30 créditos e 950 € para técnicas superiores de FP. Inclúe tamén un programa de formación de habilidades xerais de desenvolvemento profesional e persoal de 110 horas de duración.

Distribuir contido


by Dr. Radut