Skip to Content

Obradoiro de prevención do consumo de alcol.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a través dos centros Quérote+, desenvolverá un obradoiro sobre a prevención do consumo de alcol co alumnado de 3º de ESO o luns, 21 de xaneiro de 2019, entre as 16:20 e as 18:00 horas. Abórdase esta temática específica xa que a poboación á que vai dirixido a actividade é altamente susceptible de iniciarse no consumo de alcol. A presión do grupo, as modas, os estereotipos e mesmo a sociedade en si poden ser factores predispostos a que cada fin de semana unha alta porcentaxe da mocidade invista o seu tempo de ocio en actividades que teñen que ver con este fenómeno. O obxectivo deste obradoiro é reflexionar sobre a abordaxe dos aspectos e factores que inflúen na xestión do lecer, tempo libre e toma de decisións dos rapaces e rapazas. Durante o desenvolvemento desta actividade, que será impartida por persoal do centro Quérote+, o alumnado estará nos espacios habituais do instituto e supervisado por persoal docente do centro.



page | by Dr. Radut