A Axencia Galega de Emerxencias e Meteogalicia avisan dun fenómeno meteorolóxico adverso para os días 21 e 22 de xaneiro de 2013 por NEVADAS que afectarán ás zonas de adverso meteorolóxico do Centro de Lugo, Montaña de Lugo, Sur de Lugo, Montaña de Ourense, Sur de Ourense, Valdeorras e Interior de Pontevedra, con acumulación de neve superior a 20 cm nas zonas de montaña de Lugo e Ourense e superior a 2 cm no resto das zonas afectadas.
Ante a devandita situación de risco, a Comisión de Alertas acorda para o martes 22 de xaneiro, o seguinte:
1. A SUSPENSIÓN da actividade docente e do transporte escolar nos centros escolares situados nas zonas de montaña de Lugo e de Ourense, na que está ubicado o IES Xermán Ancochea Quevedo.
2. A NON SUSPENSIÓN da actividade docente nin do transporte escolar nos centros escolares situados no resto das zonas afectadas, aconsellando un especial coidado no caso da realización de actividades no exterior das instalacións do centro extremando as condicións de circulación do transporte, con seguimento das condicións climáticas.