Skip to Content

Taboleiro

Bo Nadal 2012

Postal gañadora do concurso de Nadal

Horario do centro durante as vacacións do nadal

Neste enlace pódese consultar o horario de apertura do centro durante as vacacións do Nadal.

Calendario das sesións da 1ª avaliación

Neste enlace aparece o horario das sesións da 1ª avaliación para ESO, 1º Bacharelato e ciclos.

Alerta meteorolóxica.

Aviso da consellería de educación e ordenación universitaria.

SERVIZOS ESENCIAIS DURANTE A FOLGA CONVOCADA PARA O DÍA 14 DE NOVEMBRO DE 2012.

En cumprimento do disposto no decreto 214/2012,  polo que se ditan normas para garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 14 de novembro de 2012, procédese a facer pública a designación nominal de ditos servizos:

  1.  Servizos regulares de uso especial para transporte de escolares: mantemento nos itinerarios de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio dos servizos de entrada aos centros escolares desde as 7.30 h ata as 10.00 h e os de saída aos ditos centros desde as 13.00 h ata as 18.30 h.
  2.  Centros públicos de ensino dependentes desta consellería: A dirección ou membro do equipo da dirección, e un subalterno ou subalterna en cada centro escolar. Nos centros de menos de 6 unidades o/a director/a poderá ser substituído/a por un membro do equipo docente. En todo caso, quedará garantida a apertura e peche de todos os centros.
  3. A designación nominal do persoal que deberá cubrir os distintos servizos relacionados no punto anterior é a seguinte: 

·         Luis Alberto Varela Pérez (dirección).

·         Enrique Gómez Castro (subalterno).

Comisión de coordinación pedagóxica

25/10/2012 16:00
25/10/2012 17:00

Orde do día:

 1.   Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.

2.    Constitución e funcionamento da Comisión de coordinación pedagóxica.

3.    Proposta de membros do profesorado para a constitución do equipo de dinamización da lingua galega e do departamento de orientación.

4.    Organización das actividades de recuperación de materias e módulos pendentes de cursos anteriores.

5.    Dispoñibilidade orzamentaria para os departamentos.

6.    Proposta para a organización das gardas lectivas.

7.    Rolda de intervencións.

Comenzo de curso.

PRESENTACIÓN DO CURSO

ACADÉMICO 2012/2013

 

Luns 17 de setembro

Lugar: Salón de Actos

Horarios:

-        ESO e PCPI: de 12:30 a 14:00 h.

-        Ciclos e Bacharelato: de 13:00 a 14:00 h.

 Haberá servizo de transporte

Comenzo das actividades lectivas o martes 18 ás 8:30 h.

Comisión de coordinación pedagóxica.

30/05/2012 16:00
30/05/2012 17:00

  • Hora: 16:00
  • Lugar: sala de xuntas
  • Orde do día:
  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
  2. Libros de texto e material didáctico 2012/2013.
  3. Oferta educativa 2012/2013.
  4. Memorias dos departamentos didácticos.
  5. Rolda de intervencións.

A Pobra de Trives, 24 de maio de 2012.

Servizos mínimos durante a folga no ámbito do ensino público convocada para o día 22 de maio de 2012.

Nos centros públicos de ensino, a dirección ou membro do equipo da dirección e un subalterno ou subalterna en cada centro escolar. Nos centros de menos de 6 unidades o/a director/a poderá ser substituído por un membro do equipo docente. En todo caso, quedará garantida a apertura e peche de todos os centros.

A designación nominal do persoal do IES Xermán Ancochea, que deberá cubrir os distintos servizos relacionados no punto anterior é a seguinte:

  • Dirección : Luis Alberto Varela Pérez.

  • Subalterno: Enrique Gómez Castro.

2ª Avaliación. ESO, 1º Bacharelato e Ciclos formativos

Horario das sesións da 2ª avaliación dos grupos da ESO, 1º bacharelato e ciclos formativos

Distribuir contido


by Dr. Radut