BreveExplicación:
"Estudo do comportamento dun motor diésel acoplado a un grupo electróxeno ante a modificación de diversos parámetros operativos e comparación co caso de referencia. Foco nas influencias sobre a emisión de gases contaminantes".
O alumnado introdúcese nos Motores de Combustión Interna Alternativos (os máis extendidos en transporte) concretamente os de encendido por compresión, que usan Diésel como combustible. O obxectivo do proxecto pasa por observar os efectos de variar diversos parámetros na súa operación e comparalos resultados con outros estudos, para comprender mellor os factores que inflúen nas emisións de gases contaminantes.
Obxectivo: Que os estudantes se inicien nas técnicas de investigación e adquiran coñecementos sobre os motores térmicos, a combustión, a formación e control de emisións gasosas.
Alumnado: Daniel Costas Pino, Pedro Costas Rivas e Xián Torres Rivas de 1ºBacharelato Científico-Tecnolóxico.
Profesorado IES: Fátima Silva Cabral e Gonzalo Coello Vilariño.
Titor universitario: David Patiño Vilas da EScola de Enxeñería de Minas.