Neste proxecto de investigación participan as alumnas Ania Montero e María Rodríguez, coordinadas polas profesoras Silvia Sierra Martínez e Esther Martínez Figueira, docentes nas Facultades de Educación dos campus de Pontevedra e Ourense respectivamente. A coordinadora no IES Valadares é Eugenia Fernández do dpto. de Lingua Castelá.
O obxectivo xeral da investigación é analizar o pensamento crítico das persoas adolescentes do noso IES ante as mensaxes estereotipadas que se transmiten a través da música latina. Trataremos de recoller que imaxe de muller promoven estilos musicales como o reggaetón ou o trap latino e que impacto teñen as súas letras e bailes na sociedad e, sobre todo, nas relacións entre homes e mulleres.