Skip to Content

StemBach

Contido xeral de StemBach

Bacharelato de excelencia IES Valadares

A Consellería de Educación incorporou ao IES Valadares ao Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach). Esta iniciativa, enmarcada na Estratexia Galega para a Educación Dixital, Edudixital 2030, ten entre os seus obxectivos promover a vocación do alumnado cara á investigación científica e tecnolóxica, mediante unha metodoloxía que lle facilite a incorporación e adaptación á ensinanza universitaria é tendo en conta a perspectiva de xénero.

O STEMBach, que inclúe o desenvolvemento dun proxecto de investigación, contribúe a afondar no traballo das competencias matemática e básica en ciencia e tecnoloxía mediante os elementos e os procedementos da investigación e do método científico, dun xeito rigoroso, ordenado e crítico. Facilita tamén a adquisición de competencias transversais, como a creatividade, o sentido da iniciativa e o emprendemento, a resolución de problemas, o traballo en equipo, o pensamento crítico e a cidadanía global; así como a mellora das destrezas comunicativas e expresivas, con énfase na comunicación e divulgación científica, nas competencias dixitais e na incorporación da intelixencia artificial.

Proxecto de investigación

O STEMbach ten unha duración de dous cursos académicos e pode incorporarse a el o alumnado de calquera das modalidade de Bacharelato. Os participantes desenvolverán un proxecto de investigación, no segundo curso do Bacharelato, relacionado con calquera ámbito de coñecemento das materias cursadas na etapa, que estará co-dirixido por un docente pertencente a un departamento universitario ou entidade de investigación de Galicia e do que o alumno realizará unha defensa do traballo en sesión pública.

Así mesmo, estes estudantes cursarán unha materia de afondamento relacionada co ámbito STEM (ciencias, tecnoloxía, enxeñaría ou matemáticas) extracurricular, en 1º e 2º de Bacharelato, que poderá basearse nalgunha das materias relacionadas con este ámbito ou ter un enfoque interdisciplinar, con orientación ao traballo na mellora das competencias comunicativas e dixitais, e que terá unha carga lectiva semanal de dúas ou tres horas fóra do horario ordinario do alumnado.

A maiores, este alumnado realizará actividades complementarias de formación, organizadas polo centro en colaboración con universidades, entidades ou organismos investigadores, ou persoas investigadoras de recoñecida competencia, como conferencias, obradoiros ou proxectos.

Ao remate dos dous anos do proxecto, e logo da avaliación positiva tanto da materia de afondamento STEM extracurricular como da defensa do proxecto de investigación, o alumnado recibirá unha credencial da dirección do centro de que realizou os estudos correspondentes a este programa, que tamén se fará constar no seu historial académico.

Logotipo do STemBach do IES Valadares

Proxecto de investigación do Stembach “A Proteómica do Leite Materno”

Inés e Pedro pecharon as presentacións do Stembach deste curso. Excelente traballo de investigación sobre a "Proteómica do Leite Materno" da man de Carlos Spuch, investigador do Instituto Galicia Sur . Parabéns a todo o equipo.

Álbum: Curso 2022/23 -> Stembach Leite materno

Proxecto de investigación do Stembach: “Resolución numérica de ecuacións diferenciais ordinarias: aplicacións”

Seguimos coas presentacións do alumnado de Stembach. Yeray fixo unha estupenda defensa da súa investigación: Resolución numérica de ecuacións diferenciais ordinarias na Escola de Telecomunicacións da UVigo. Parabéns, Yeray!

Álbum: Curso 2022/23 -> Stembach ecuacións diferenciais

Proxecto de investigación do Stembach “Intelixencia Artificial”

Outra excelente presentación  do Stembach na Escola de Telecomunicacións da UVigo. Parabéns a Hugo e André polo seu traballo durante estes dous cursos: "Intelixencia Artificial".

Álbum: Curso 2022/23 -> Stembach inteligencia artificial

Proxecto de investigación do StemBach “Desenvolvemento dun produto interactivo incluíndo arte e tecnoloxía “

Outra estupenda presentación do noso Stembach na Escola de Teleco da UVigo. O equipo da investigación do Desenvolvemento dun producto interactivo incluíndo arte e tecnoloxía fíxo un excelente traballo. Parabéns a Álex, Belén, Jose e Raúl.

Álbum: Curso 2022/23 -> Stembach produto interactivo

Proxecto de investigación do Stembach “…Motores de Combustión Interna Alternativos”

Parabéns a Dani, Pedro e Xián. Excelente traballo e estupenda presentación. Unha interesante investigación da man de David Patiño da ETSE Minas da UVigo e Gonzalo Coello e Fátima Silvia profesores do noso centro. Felicitacións a todo o equipo.

Álbum: Curso 2022/23 -> Stembach motores

Proxecto de investigación do Stembach “Avaliando e conservando o Street Art”

Parabéns a Alex, María e Sofía, que veñen de defender o seu proxecto de investigación de StemBach na Escola de Enxeñaría de Minas "Avaliando e conservando o Street Art" no bienio 2021/2023 e o tribunal cualificouno con sobresaliente. 

Álbum: Curso 2022/23 -> Street Art

Presentación das liñas de investigación do StemBach

Onte, presentáronse as distintas liñas de investigación que están a desenvolver os equipos do StemBach do noso centro. Entre o público, as titoras e titores, tando da universidade como do centro, ademais do alumnado. Expuxeron os avances nas investigacións así como o proceso de formación tanto práctica, visitas a laboratorios e talleres, como teórica, búsqueda de información e presentación, exposición oral etc

A final de curso repetiremos a experiencia, invitando, a maiores, ás familias e ao profesorado do alumnado. Esperamos que sexa un éxtio como o de onte.

A continuación podes clicar na foto e ver o album completo.

Álbum: Curso 2021/22 -> StemBach

A proteómica do leite materno

Alumnado: Inés Estévez González, Pedro Núñez Seoane
Titor da universidade: Carlos Spuch do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur.

Titora do IES: Silvia Pascual Fernández do departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
O noso proxecto: a proteómica do leite materno
O noso proxecto ten coma obxectivo comparar a proteómica de distintos leites maternos.
As proteínas do leite materno son distintas nas distintas etapas da lactación e son distintas segundo si o embarazo foi a término ou non.

Deseño Multidisciplinar dun Produto Interactivo integrando Tecnoloxía e Arte

Alumnado: Raúl de la Fuente e Alexander Fernández Dinh de 1ºBacharelato Científico-Tecnolóxico e, José Iglesias e Belén Ocampo de 1ºBacahrelato de Artes.
Profesorado titor do IES Valadares: Asun Carballo do dpto de Lingua Castelá, CArmen Boado do dpto de Tecnoloxía, Belén Alonso e Eva López do dpto de Educación Plástica e Visual.
Profesorado titor da Universidade de Vigo: Bea Legerén e Santiago Fernández da Facultade de Ciencias Sociais e Audiovisuais, Antonio Pena da Escola de Enxeñería de Telecomunicación.

De qué vai noso proxecto?  
O noso proxecto consiste no deseño dun videoxogo incluíndo Tecnoloxía e Arte.

Distribuir contido


by Dr. Radut