Skip to Content

Deseño Multidisciplinar dun Produto Interactivo integrando Tecnoloxía e Arte

Alumnado: Raúl de la Fuente e Alexander Fernández Dinh de 1ºBacharelato Científico-Tecnolóxico e, José Iglesias e Belén Ocampo de 1ºBacahrelato de Artes.
Profesorado titor do IES Valadares: Asun Carballo do dpto de Lingua Castelá, CArmen Boado do dpto de Tecnoloxía, Belén Alonso e Eva López do dpto de Educación Plástica e Visual.
Profesorado titor da Universidade de Vigo: Bea Legerén e Santiago Fernández da Facultade de Ciencias Sociais e Audiovisuais, Antonio Pena da Escola de Enxeñería de Telecomunicación.

De qué vai noso proxecto?  
O noso proxecto consiste no deseño dun videoxogo incluíndo Tecnoloxía e Arte.



Durante o transcurso do primeiro trimestre, o noso equipo elaborou un concepto de xogo. Na parte de arte decidimos a narrativa definitiva e desenvolvemos bosquexos dos personaxes principais. Na parte de programación, realizamos moitas probas iniciais para entender o programa e aprender os conceptos básicos.

A temática principal do xogo é a inclusión. Este trata sobre un mundo apocalíptico no ano 3000 onde o xogador embarcará nunha aventura que terá como obxectivo atopar o paraíso para distanciarse desta situación desoladora, incluíndo a outros personaxes no teu grupo de aventura para poder progresar na historia, resolvendo problemas polo camiño.

No primeiro nivel xa redactado, o protagonista encóntrase nun búnker e ten como obxectivo final chegar a unha cidade que ven no lonxe. Tras explorar atópase co primeiro integrante do grupo, xuntos avanzarán por un bosque, onde lles esperan diversos perigos. Aquí, aparecerá o segundo personaxe. Tras saír do bosque a cidade estará resgardada por un monstro co cal teremos que lidar para acceder á cidade.

Para o apartado gráfico do proxecto, escollemos unha paleta de cores atípica para representar o mundo apocalíptico: unha combinación de tons azuis e laranxas. O deseño dos personaxes é de estilo “cartoon”, o fixemos baseándonos no estilo gráfico doutros xogos.

O xogo será visto en terceira persoa en 2D e o escenario o veremos dende unha perspectiva de plano picado. O tipo de xogo asemella a un “RPG” (“role-playing game”; é dicir, un xogo de aventura onde o xogador controla as accións do grupo nun mundo imaxinario). Está programado co motor gráfico GDEVELOP.

Polo de agora temos planeado acabar o primeiro nivel para Q1 2023, e o xogo completo para o 2024. Esperamos que esteades abraiados para o lanzamento do primeiro videoxogo do IES Valadares.



page | by Dr. Radut