Participantes:
José Santiago Pozo Antonio (Investigador Distinguido da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo)
Ángel Iglesias (Profesor de matemáticas do IES Valadares)
María González Nogueira (Alumna de 1º Bacharelato de Artes)
Sofía González Penabade (Alumna de 1º Bacharelato Científico-Tecnolóxico)
Alexandra Fernández Alonso (Alumna de 1º Bacharelato de Artes)
Obxectivo: Este proxecto busca que as rapazas e rapaces coñezan os materiais que constitúen os paneis e as pinturas que adornan as fachadas e paredes dos edificios da súa vila ou cidade e a súa contorna. O street art é unha recente tendencia artística que permite que materiais colorantes empregados anteriormente para realizar pintadas vandálicas se empreguen para crear obras de arte que como tales teñen que ser conservadas e restauradas. Desta maneira é moi importante coñecer a natureza das pinturas (pinturas acrílicas, graffitis, etc.) e dos soportes nos que se aplican (formigón, rochas, metais, etc.). Ademais de coñecer o deterioro destes materiais, este proxecto tamén se centrará en medidas de conservación que haberá que avaliar para cada condición específica como capas protectoras.