Skip to Content

Tecnoloxía

Adaptación da programación didáctica.

Na seguinte ligazón está dispoñible a adaptación da programación didáctica do Departamento de Tecnoloxía, segundo a orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de Educación Secundaria obrigatoria e de Bacharelato no sistema educativo de Galicia

Proxecto 2º ESO: a ponte levadiza

Vídeo cos proxectos construídos polo alumnado de 2º de ESO na materia de Tecnoloxía.

COMPOSICIÓN DO DEPARTAMENTO NO CURSO 2021/22. PROGRAMACIÓN E CRITERIOS DE AVALIACIÓN.

No presente curso 2021/22, o Departamento de Tecnoloxía está formado polos seguintes profesores:

  • Gabriel Muñiz Alonso: profesor con praza definitiva no centro e xefe do departamento, que impartirá as seguintes materias:  Tecnoloxía 2º ESO (grupos A e D), Tecnoloxía 3º ESO (1 subgrupo) TIC 4ºESO (2 subgrupos) e Tecnoloxía Industrial 2º de Bacharelato (1 subgrupo). Tamén exercerá a titoría do grupo 2ºESOD.
  • Saínza Martínez López: profesora en expectativa de destino, que impartirá as seguintes materias:, TIC 1º de Bacharelato (3 subgrupos), TIC 2º de Bacharelato (2 subgrupos), Tecnoloxía Industrial 1º de BAC (1 subgrupo) e Electrotecnia 2º Bacharelato (1 subgrupo). Esta profesora é a responsable da Dinamización TIC do centro.
  • Manuel Cuervo Soto: profesor interino, que impartirá as seguintes materias: Tecnoloxía 2º ESO (grupos B e C), Tecnoloxía 3º de ESO e 3º ESO Bilingüe, Tecnoloxía 4ºESO (2 subgrupos) e TIC 1º de Bacharelato (2 subgrupos).

Premendo na seguinte ligazón podes acceder á Programación Didáctica do Departamento para o presente curso, que tamén está depositada na secretaría do centro para a súa consulta. Se o prefires, podes ver un resumo dos criterios de avaliación, cualificación e promoción do Departamento.

Proxecto de Tecnoloxía: a ponte levadiza

Vídeo cos mellores proxectos construídos polo alumnado de 2º de ESO na materia de Tecnoloxía.

 

COMPOSICIÓN DO DEPARTAMENTO NO CURSO 2020/21. PROGRAMACIÓN E CRITERIOS DE AVALIACIÓN

No presente curso, o Departamento de Tecnoloxía está formado polos seguintes profesores:

Gabriel Muñiz Alonso, con praza definitiva no centro e Xefe do Departamento, que impartirá as materias de Tecnoloxía en 2ºESO A, B e C, TIC en 4ºESO A, B, C e D e Tecnoloxía Industrial en 2º de BACH.

 

Saínza Martínez López, profesora en expectativa de destino e responsable da Dinamización TIC do centro, que impartirá as materias de Tecnoloxía en 3º de ESO e 3º ESO Bilingüe, TIC en 1º e 2º de BACH, Tecnoloxía Industrial en 1º de BACH e Electrotecnia en 2ºBACH.

 

Blanca María Losada Outón: profesora interina, que impartirá as materias de Tecnoloxía en 2ºESO D, 3ºESO e 4ºESO, Tecnoloxía Industrial en 1º de BACH e TIC en 1ºBACH.

 

Premendo na seguinte ligazón podes acceder á Programación Didáctica do Departamento para o presente curso, que tamén está depositada no centro escolar para a súa consulta. Se o prefires, podes ver os criterios de avaliación do Departamento.

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

 

     

 

Premendo aquí ou na imaxe poden acceder á adaptación da programación.

Os criterios de cualificación de cada materia estarán dispoñibles no curso correspondente da Aula Virtual.

 

 

 

 

SEGUEMENTO DE MATERIAS PARA A 3ª AVALIACIÓN- 14/04/2020

A continuación detállanse as tarefas actualizadas a día 14/04/2020:

 

CURSOS

TAREFAS

CONTRASINAL AV

ITI 1 ESO A

A primeira tarefa da 3ª avaliación xa está dispoñible na aula virtual. Para consultar dúbidas e entregala escribide a: tecnovilalonga@gmail.com

Contrasinal de convidado: ITI_1ESOA

ITI 1º ESO B e C

Na 3ª avaliación o seguemento da materia realizarase a través da aula virtual. Para consultar dúbidas escribide a: educacion.sml@gmail.com

Contrasinal de convidado: ITI_1ESOBC

2º ESO A,B e C:

Na 3ª avaliación o seguemento da materia realizarase a través da  aula virtual.

Contrasinal de convidado: TECNO_2ESO_20

3º ESO Saínza

Seguemento a través da aula virtual.

Contrasinal de convidado: TECNO_3ESO_ABC

3º ESO Gabriel

Seguemento a través da aula virtual.

Contrasinal de convidado: TECNO_3ESO_2019

3º ESO Bilingüe

Seguemento a través da aula virtual.

Contrasinal de convidado: TECNO_3ESO_BIL

4º ESO

Seguemento a través da aula virtual.

Contrasinal de convidado: TECNO_4ESO_2019

TIC 4 ESO

Seguemento por correo electrónico e drive. Tarefa Stop Motion. Data de entrega: 22/05

 

TIC 1º BACH

Seguemento a través da aula virtual.

Empregade o voso usuario como ata agora

Tecno Ind 1º BAC

Seguemento a través da aula virtual.

Empregade o voso usuario como ata agora

TIC 2ºBAC

Seguemento a través da aula virtual.

Empregade o voso usuario como ata agora

Recordamos que o enlace da Aula Virtual é o seguinte: https://www.edu.xunta.gal/centros/iessoutomaior/aulavirtual/

Se necesitades consultar dúbidas, os nosos correos son os seguintes:

 

  • Saínza: educacion.sml@gmail.com
  • Gabriel: tecnovilalonga@gmail.com

ACTIVIDADES PARA OS DÍAS NOS QUE SE SUSPENDEN AS CLASES

 

A continuación indicamos como facer o seguimento das actividades de cada materia durante o tempo que dure a suspensión das clases. É aconsellable consultar as materias regularmente.  

CURSOS

 TAREFAS

CONTRASINAL AV

ITI 1 ESO A

Para a 2ª avaliación hai que ter rematadas as prácticas 1 e 2 de impress (están na aula virtua ou nas fotocopias entregadas na clase).

Estas prácticas xa estaban rematadas (e entregadas) antes de suspender as clases. Os que aínda non as fixéchedes podedes enviarmas ata o mércores 1 de abril ao meu correo, tecnovilalonga@gmail.com

A presentación sobre a reciclaxe co texto entregado pola vosa titora será para a 3ªavaliación.

 Contrasinal de convidado: ITI_1ESOA

ITI 1º ESO B e C

Seguiremos traballando na aula virtual como facíamos na aula. Polo de agora, facede ata a práctica 5. Enviade as prácticas rematadas a educacion.sml@gmail.com.

Contrasinal de convidado: ITI_1ESOBC

2º ESO A,B e C:

Facer a memoria do proxecto deste trimestre (a noria). Prestar especial atención á elaboración dos planos (alzado, planta e perfil). Enviar ao meu correo electrónico, que aparece ao final desta entrada. Prazo: ata o 29 de marzo.

 

3º ESO Saínza

 Seguemento a través da aula virtual.

Contrasinal de convidado: TECNO_3ESO_ABC

3º ESO Gabriel

 Seguemento a través da aula virtual.

Contrasinal de convidado: TECNO_3ESO_2019

3º ESO Bilingüe

 Seguemento a través da aula virtual.

Contrasinal de convidado: TECNO_3ESO_BIL

4º ESO

 Seguemento a través da aula virtual.

Contrasinal de convidado: TECNO_4ESO_2019

TIC 4 ESO

Seguemento por correo electrónico e drive

 

TIC 1º BACH

 Seguemento a través da aula virtual.

Empregade o voso usuario como ata agora

Tecno Ind 1º BAC

 Seguemento a través da aula virtual.

Empregade o voso usuario como ata agora

TIC 2ºBAC

Seguemento a través da aula virtual.

Empregade o voso usuario como ata agora

  

Recordamos que o enlace da Aula Virtual é o seguinte: https://www.edu.xunta.gal/centros/iessoutomaior/aulavirtual/

Se necesitades consultar dúbidas, os nosos correos son os seguintes:

  • Saínza: educacion.sml@gmail.com

  • Gabriel: tecnovilalonga@gmail.com

Visita á Escola de Minas

O pasado mércores 30 de outubro o alumnado de Bacharelato de Tecnoloxía Industrial de 1º e Xeoloxía de 2º visitou a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo acompañado polas profesoras Saínza e Tania.

Alí foron recibidos polo seu subdirector e puideron realizar unha xornada de portas abertas para coñecer diversas  instalacións da facultade, como os laboratorios de xeotecnoloxía e de mecánica de rochas. Posteriormente dividíronse en dous grupos, os de Xeoloxia asistiron a un taller de recoñecemento de minerais, mentres que os de Tecnoloxía realizaron dous módulos da aula aberta de tecnociencia, nos que desenvolveron varias actividades prácticas de combustión e novos materiais.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut