Skip to Content

Música

NOVAS SEMANA 23 - 30

Bo día rapaces,

Cómo vai o confinamento?? Desexo que esteades tod@s ben e que as vosas familias tamén estean ben.

Como aínda imos estar un tempo sen mirarnos, vouvos deixar aquí unhas fichas para entregar. Son doadas de facer, e tendes ata o 31 de marzo para entregalas, o meu correo é pvsertal@gmail.com Aproveitade o correo para contarme un pouco que tal o levades, se todo vai ben e se botades de menos ir ao IES, jejeje

2º ESO: a ficha que vos deixo é unha ficha de repaso da 1ª avaliación e da 2ª avaliación. Para facela tendes que repasar as equivalencias da primeira avaliación (puntillo, tresillo, ligadura), o esquema das equivalencias e os valores de cada figura, os compases, os intervalos, os compases, os acordes, a clasificación instrumental e as escalas para identificar os grados das escalas e a distancia que hai entre as notas. É doada de facer, non vos preocupedes. NON é un exame, aínda que vexades que cada pregunta ten unha puntuación (vouvos dar a hipotética nota que levariades de ser un exame feito con libreta!!!)

3º ESO: a ficha que vos deixo no adxunto son unhas preguntiñas sobre o TEMA 3, "O Barroco". Lede ben o tema, mirade o Power Point e escoitade as audicións que hai no Power Point. A próxima semana colgareivos unhas actividades sobre o seguinte tema. Entregade a ficha completa ao meu correo (puntuarase positivamente a entrega, aínda que teñades algún falliño)

4º ESO: chic@s, intentade enviarme a ficha da tonalidade que vos mandei a primeira semana, para repasar. Así podo correxir e solucionar as dúbidas que teñades. Como vai a búsqueda da "muller que admirades"? Contádeme algo no correo, de como estades levando esta suspensión das clases e da muller que seleccionastes para o mural.

UN SAÚDO A TOD@S!! E COIDÁDEVOS MOITO!!

NUNCA PENSEI QUE VOS BOTARÍA DE MENOS!!!

UNHA APERTA ENORME A TOD@S E ÁS VOSAS FAMILIAS!!!!

4º ESO - RECOMENDACIÓNS PARA FACER DURANTE AS SUSPENSIÓNS DAS CLASES

Bos días a tod@s, 

Antes de nada, desexarvos moitas forzas para estes momentos tan compricados que estamos a vivir. Coidádevos moito, non saiades da casa se non é estrictamente necesario, e intentade disfrutar o que poidades da vosa familia!!!

Intentade seguir unha rutina diaria: erguédevos cedo e facédevos un horario diario como se forades ao instituto pola mañá, porque son 15 días que poden facerse moi longos. 

En MÚSICA xa temos a avaliación rematada, así que non vos preocupedes por esta avaliación, xa vos din as medias a tod@s, así que tranquil@s, unha materia menos.

Quedaba pendente o exame de TONALIDADE, pero xa era para a terceira avaliación. Tendes os apuntes de tonalidade nas vosas libretas, podedes repasar un pouco e facer a ficha de tonalidade que tedes neste enlace. As dúbidas que teñades poderedes preguntarmas á volta, ou escribirme un correo a pvsertal@gmail.com.  Aproveitade tamén para botarlle un ollo ao que levamos dado neste curso, como repaso, para non esquecer a linguaxe musical.  

UNHA ACTIVIDADE A MAIORES: intentade pensar nunha muller á cal admiredes (pode ser do mundo do deporte, científica, músico, literata, poeta, sufraxista, etc.) Intentade averiguar algo sobre ela e imprimir unha foto. A idea é pegar esas mulleres nun mural que teremos na aula de música e dar unha pequena explicación sobre ela (de 1 min, non máis).

Non vos preocupedes por MÚSICA, porque imos moi ben de tempo. Queda a tonalidade, o lip dub e as mulleres ao longo da historia da música. Bueno, e o FESTIVAL DE FIN DE CURSO!!!!

Un saúdo enorme a todos e CÓIDADEVOS. MIRÁMONOS Á VOLTA, CHIC@S.

PAULA

3º ESO - RECOMENDACIÓNS PARA FACER DURANTE AS SUSPENSIÓNS DAS CLASES

Bos días a tod@s, 

Antes de nada, desexarvos moitas forzas para estes momentos tan compricados que estamos a vivir. Coidádevos moito, non saiades da casa se non é estrictamente necesario, e intentade disfrutar o que poidades da vosa familia!!!

Intentade seguir unha rutina diaria: erguédevos cedo e facédevos un horario diario como se forades ao instituto pola mañá, porque son 15 días que poden facerse moi longos. 

En MÚSICA xa temos a avaliación rematada, así que non vos preocupedes, porque non quedou ningùn exame pendente. Aproveitade para botarlle un ollo ao que levamos dado neste curso e tocade algún día as cancións de frauta para non esquecelas de todo. 

Á volta imos comezar co BARROCO e co CLASICISMO (TEMAS 3 e 4). Podedes ir lendo os apuntamentos que tendes, para ter unha idea do que vos vou explicar para o vindeiro trimestre. Abaixo déixovos os pdf cos Power Point dos movementos: botádelle un ollo e escoitade algunhas das audicións que van nas diapositivas.

Non vos preocupedes por MÚSICA, á volta, retomaremos xuntos o que nos queda de contidos por dar. 

Un saúdo enorme a todos e CÓIDADEVOS. MIRÁMONOS Á VOLTA, CHIC@S.

PAULA

 

2º ESO - RECOMENDACIÓNS PARA FACER DURANTE AS SUSPENSIÓNS DAS CLASES

Bos días a tod@s, 

Antes de nada, desexarvos moitas forzas para estes momentos tan compricados que estamos a vivir. Coidádevos moito, non saiades da casa se non é estrictamente necesario, e intentade disfrutar o que poidades da vosa familia!!!

Intentade seguir unha rutina diaria: erguédevos cedo e facédevos un horario diario como se forades ao instituto pola mañá, porque son 15 días que poden facerse moi longos. 

En MÚSICA xa temos a avaliación rematada, soamente quedaba pendente o exame de recuperación dos temas 3 e 4. Os que teñades que facela, aproveitade para estudar ben estes dous temas, porque en canto nos deixen incorporarnos, faremos o exame NA PRIMEIRA CLASE que teñamos. 

Ao resto, aos que xa tendes aprobado o exame, aproveitade para botarlle un ollo ao que levamos dado neste curso e tocade algún día as cancións de frauta para non esquecelas de todo. 

Non vos preocupedes por MÚSICA porque imos moi ben de tempo, e á volta, retomaremos xuntos o que nos queda de contidos por dar. 

Un saúdo enorme a todos e CÓIDADEVOS. MIRÁMONOS Á VOLTA, CHIC@S

PAULA

 

TALLER DE ECO-PERCUSIÓN NO IES

Este mércores 18 de decembro celebrouse un Taller de Percusión na Aula de Usos Múltiples do IES de Soutomaior. O taller consistiu en realizar unhas batucadas improvisadas, dirixidas por Didier, con material de refugallo. O alumnado disfrutou percutindo cubos, tixolas e bidóns de reciclaxe, ao mesmo tempo que sentiu o ritmo e alcanzou un bo nivel de coordinación.

Aquí vos deixo unhas mostras gráficas do que aquí tivo lugar...

Porque non todo é sacrificio, tamén pasamos bos ratos...

Un saúdo a tod@s e ...

BO NADAL A TOD@S OS QUE COMPARTIDES CON NÓS ESTA MARABILLOSA VIAXE !!!!

 

 

 

Programación didáctica 2019-2020

 

Premendo no seguinte enlace, pode visualizar a programación didáctica do curso 2019-2020

 

TOMAS FALSAS

Para poder visualizar este vídeo preme aquí.

1º DE BACHARELATO - RESUMO CURSO 2018 / 19

Bo verán a tod@s, 

Como o prometido é débeda, aquí vos deixo o enlace do vídeo publicado coas nosas "versións / cancións" . A calidade da imaxe e do son non son o mellor do mundo, pero non están mal. 

Unha forte aperta a tod@s; espero que vos guste e lembredes que, a pesar de todo, non foi un mal curso. SEMPRE QUEDARÁN OS BOS MOMENTOS NOS NOSOS RECORDOS.  

Facede click aquí abaixo e... A SOÑAR!!!!

 

"Porque a música é sentimento, liberdade e nos permite volar a lugares marabillosos". 

 

LEMBRANZAS DO CURSO 2017-18

Boas a tod@s,

Aquí vos deixo un recordo do curso pasado!! Aínda que o resultado é un tanto particular, pasamos bos momentos coa grabación e montaxe do videoclip. Pinchade no seguinte enlace para visionar este videoclip.

Un saúdo a tod@s os que fixeron posible esta experiencia.

Paula

 

 

SAÍDA AO CINE - alumnado de 1º de Bacharelato

Aquí tedes algunhas das sensacións que provocou o visionado da película "Bohemian Rhapsody" no alumnado de 1º de Bacharelato. A experiencia foi totalmente positiva. Abride o cartel adxunto e poderedes ler algúns comentarios sobre a película de Iria, Tomás, Noa, Ainoa, Laura, Raúl, Alba, Víctor, Aarón e María.

Un saúdo a tod@s!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut