O pasado xoves 27 de maio tivo lugar o acto de entrega (Galería de imaxes) dunha nova edición (e xa van 14!) do Certame Verbas Comunicar, que convoca o Concello de Soutomaior con motivo do Día das Letras Galegas. Pese ao contexto marcado pola crise sanitaria, a participación acadou as 73 persoas nas diferentes categorías de redacción e audiovisual, individual e grupal. Fixeron entrega dos premios o alcalde Agustín Reguera e a Concelleira de Educación, Noelia Ocampo. A TV de Soutomaior cubriu o acto.
Esta é a resolución do xurado en relación aos traballos premiados no IES de Soutomaior, que se poden ler e ver na páxina do Certame:
Texto - Categoría A (12-14 anos)
- 1º premio: A un só paso de ti, de Lucía Castrillo.
- 2º premio: A miña noite estrelada, de Zaira Pazos González.
- 3º premio: A nena cos pés nas nubes, de Ainoa Cabaleiro Lameiro.
- 4º premio: Debuxar, de Lola Fernández Crespo.
- 6º premio: Afrontando a miña dor, de Álvaro José Cunqueiro Blanco.
- 7º premio: Viaxar, de Morena Ríos Tonarelli.
- 8º premio: Galicia, a miña terra, de Anxo Muíños Seoane.
Texto - Categoría B (15-18 anos)
- 1º premio: Zoom dun paseo frustrado, de David Alján Lusquiños.
- 2º premio: Só para valentes, de Sonia Baqueiro.
Audiovisual - Categoría A (12-14 anos). Grupal
- 1º premio: A festa das linguas esquecidas, de Iria Garrido, Antón Garrido, Pedro Roque Lourenzo e Brais Boullosa.
Audiovisual - Categoría B (15-18 anos). Individual
- 1º premio: A miña historia, de Uxía Vidal Rubianes.
- 2º premio: casa atlántica, casa cabaret. Sobre os versos de María Lado, de Laura Fresneda Muíña.
- 3º premio: Manual sobre como cometer un crime, de Daniel Gallego Couñago.
Audiovisual - Categoría B (15-18 anos). Grupal
- 1º premio: Cidades, de Candela Paz Aguiar e Jimena Torres González.
- 4º premio: Nun álbum, de Uxía Vidal Rubianes, Frida Acuña Sabajanes, Sara Durán Sanmartín.
- 6º premio: Nouturnio do adolescente morto, de Rebeca Torres Rodríguez, Analía Preza Guadarrama e Marta Abal López.