Skip to Content

Participa no Concurso de Relato Oral Tíralle da Lingua 2021

Tíralle da lingua é un certame de elaboración de historias orais en lingua galega no que podes crear ou recrear o teu propio relato para ser contado ante o público.

BASES DO CONCURSO

En que consiste?

  1. As historias poden ser de creación propia pero tamén un conto popular ou un texto literario, isto é, dun escritor ou escritora ao que ti lle dás o teu xeito particular.
  2. As historias contaranse en galego.
  3. Nas historias valorarase a calidade lingüística e o seu carácter construtivo: deben usar unha linguaxe non discriminatoria e non sexista, evitar a linguaxe malsoante e despectiva…, e ademais, como nacen para ser contadas, debe coidarse a dicción, a dramatización e a espontaneidade.
  4. O alumnado participante concursará individualmente ou en grupo, pero sempre respectando o tempo máximo por actuación, que será de 5 minutos. A superación dese tempo supón a descualificación. Cada alumno/a ou grupo poderá participar cun máximo dunha historia.
  5. O concurso vai destinado a todos os grupos da ESO e o Bacharelato.

Modo de entrega e prazo

  1. O alumnado deberá entregar a gravación en formato MP3 ao profesor Antonio (Inglés) ou ao seu profesorado de lingua galega antes do venres 5 de novembro.
  2. Unha vez recibidos todos os relatos, haberá unha contada no instituto, da que se avisará aos alumnos e alumnas seleccionados e que se anunciará con antelación.

Premios

  1. Haberá premios para os mellores relatos, que serán escollido por un xurado compostos por membros do Clube da Lingua do IES.
  2. O alumnado seleccionado poderá participar na fase final do Concurso Tíralle da Lingua 2021, que se celebrará a finais de novembro en Santiago organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega.

A fase final en Santiago

  1. Na fase final concederase un primeiro premio por nivel cun valor de 250 euros e un segundo, se o xurado así o estima, por valor de 150 euros. Os centros de ensino dos participantes gañadores recibirán un premio do mesmo importe.
  2. O xurado estará composto por tres persoas alleas aos centros participantes con experiencia nestas actividades, actuando de secretario/a un representante de Asociación Socio-Pedagóxica Galega.
  3. O xurado emitirá o ditame o mesmo día da celebración do concurso.
  4. A participación no concurso supón a aceptación íntegra das presentes bases. A AS-PG poderá modificar a modalidade da fase final por razóns que respondan a situación de emerxencia sanitaria que estamos a vivir.


blog | by Dr. Radut