Skip to Content

Concerto de fin de curso no IES de Soutomaior

Despois dun curso agotador chegou o momento de festexar a finalización do curso 2023/24.

O venres 21 de xuño despois do recreo, o alumnado e profesorado baixaron ao ximnasio a disfrutar das actuacións preparadas polo alumnado participante. Estes estiveron ensaiando coa coordinación de Paula Veiga Sertal en recreos e ocos nas últimas semanas do curso.

O espectáculo foi moi variado, e o público quedou abraiado polo nivel das pezas que se representaron. Ao rematar o concerto, o director repartiu os trofeos do torneo de ping pong organizado polo alumnado de 3º da ESO.

Dende o centro queremos agradecer a Paula e Damián a súa implicación na organización do concerto e ao alumnado a súa participación no evento. Sen eles, este tipo de actividades non sería posible.

Hai máis imaxes colgadas na galería da páxina web do centro. Os vídeos grabados das actuacións están gardados en vicedirección.

 



blog | by Dr. Radut