O Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou para o luns 13 e martes 14 de maio varias actividades no contexto das Letras Galegas, que este ano conmemora a vida e obra de Luisa Villalta.
O alumnado de 4ºESO e 1º de Bacharelato puido asistir a actuación de Paz Fernández que consistiu nunha declamación poético-musical coa que o alumnado puido disfrutar dunha sesión de poesía en galego en directo.
Por outra banda, o martes tivo lugar un concerto onde houbo varias actuacións:
- Participou o grupo Calimontxo no que a voz foi interpretada polo profesor de inglés Antonio Ricón.
- Participaron varios alumnos e alumnas que interpretaron cancións tradicionais na nosa lingua.
- Por último, o alumnado puido disfrutar da actuación de Myriam Cortizo Pires e Ariel García Tagliani.
O IES de Soutomaior agradece o gran traballo do EDLG con Antonio Ricón á cabeza e sobretodo, ao alumnado participante que co seu esforzo e gañas fan que estas actividades consigan ter a pegada que busca un centro educativo.