O 21 de Febreiro parte do alumnado de 4º da ESO e 1º de bacharelato recibiu aos usuarios de APAMP (Asociación de familias de personas con parálise cerebral) de Vigo, que viñeron ao noso centro para realizar unha xornada de sensibilización e para dar a coñecer a parálisise cerebral.
Nesta ocasión, Adrián, Laura Maquieira Almeira, Sandra Ballesteros e Reyes Rey, deron a coñecer aos alumnos da ESO o seu día a día e outros temas de interese como: a comunicación alternativa, as adaptacións, o ocio ou o deporte adaptado entre outros.
A charla enmarcase dentro do proxecto "Talentos Inclusivos". A participación do alumnado en Talentos Inclusivos vai contribuir á mellora das súas competencias no ámbito da ciencia e da tecnoloxía, mentres que fomenta a súa participación activa na sociedade e, en especial, co colectivo de persoas con parálise cerebral.
Dende o centro agradecemos o esforzo feito pola asociación por achegarse e tamén ao Departamento de Tecnoloxía por facer posible este encontro.