Skip to Content

Recollida de Alimentos no IES de Soutomaior

Con motivo da Gran Recollida organizada polo Banco de Alimentos de Vigo e Pontevedra os próximas días 25 e 26 de novembro, o alumnado de 3º da ESO do IES de Soutomaior está realizando unha campaña de recollida de alimentos.

Desde este martes día 15, e ata o venres 25 de novembro, poderedes colaborar nesta iniciativa achegando algún alimento de tipo non perecedeiro (aceite, conservas, productos envasados como pasta, legumes, arroz,…) Os produtos serán depositados nas caixas situadas na entrada do centro, entre as dúas portas de acceso principal.

O alumnado de 3º da ESO quere animar a toda a Comunidade Educativa a participar na iniciativa, e estará á vosa disposición durante os recreos para recoller os alimentos e resolver calquera dúbida. Calquera colaboración será benvida e, sen dúbida, de moita axuda nesta campaña.



blog | by Dr. Radut