Imos rematando o curso e vai sendo hora de facer reconto das actividades nas que participou o alumnado que cursa materias do Departamento de Economía.
O alumnado de 4º ESO, tanto de Economía como de Iniciación a Actividade Emprendedora e Empresarial asistiu, xunto cos seus compañeiros de Bioloxía, as charlas impartidas polo GALP, Grupo de Acción Local Pesqueira de Vigo. Durante o primeiro e o segundo trimestres acercaron o mundo do mar ao IES dende distintos ángulos: a pesca, a extracción, a conservación e a comercialización do peixe; os oficios e as profesións que se poden dar e os estudos que se poden cursar; o respecto o medio; etc.
A maiores, o mesmo alumnado asistiu a unha charla impartida polo profesor da Escola Politécnica Superior de Enxeñería, da Universidade de Santiago de Compostela, M. Ramiro Rodríguez, que lles falou da gandería, produción de alimentos, o benestar animal e cambio climático. Charla que tamén tivo lugar no segundo trimestre.
O alumnado de bacharelato tamén asistiu as charlas “¿Sabemos o impacto ambiental do que comemos?”, sendo a relatora a profesora Mª Jesús Sainz Osés, e “ A situación enerxética galega, un debate necesario para ter futuro”, sendo o profesor Adrián Dios Vicente o relator. Ámbolos dous, profesores na Universidade de Santiago de Compostela, da Facultade de Veterinaria a primeira, e da Facultade de Economía o segundo.