Máis imaxes da actividade neste álbum
O pasado mércores 19 de abril, o alumnado de 4º ESO sumouse ao programa de accións socioeducativas non formais que a Concellaría de Educación de Soutomaior promove en coordinación cos centros educativos.
Da man de Raquel Pedrouso, especialista en procesos de aprendizaxe en contornos profesionais e educativos, os mozos e mozas que rematan este ano a etapa de educación secundaria obrigatoria participaron no obradoiro "Sintoniza coa túa melodía profesional". A través do xogo e de dinámicas cooperativas, o alumnado traballou sobre as propias habilidades co obxectivo de aplicalas e desubrir a súa potencialidade ante as oportunidades que poden encontrar no ámbito laboral.