Skip to Content

Blogue de Xefatura

Información ABAU

A CIUG ven de publicar as datas das probas de acceso á universidade (ABAU) para este curso 2022/2023:

 

Convocatoria Ordinaria: 6, 7 e 8 de xuño
Convocatoria Extraordinaria: 11,12 e 13 de xullo

Iremos actualizando a información durante o curso.

Magosto 2022

Neste curso 2022, o Magosto estivo marcado pola ameaza de choiva. Iso non impediu que o alumnado do IES de Soutomaior puidera disfrutar dunha cata do froito máis querido nestas datas: as castañas.

Queremos agradecer ao alumnado, ás familias e os profesores que coa súa xenerosidade contribuiron a xuntar unha boa morea, permitindo que non houbera ninguén no centro que quedara sen elas.

 

                          

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut