Skip to Content

Blogue de Orientación

Obradoiro de Teatro

Unha selección de alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato tivo ocasión de participar no taller de teatro impartido no IES por Saida Rkiek Sghiar. Saida, veciña de Soutomaior, cursou estudos de Arte Dramática na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo, e é directora de escena, actriz e autora de varios libros relacionados coa Arte Dramática.

A primeira xornada serviu de introdución teórica ao concepto de performance e rematou con prácticas e introdución a ferramentas básicas para preparar unha performance.

A segunda xornada foi adicada plenamente á interpretación, cunha actuación centrada no uso dos teléfonos móbiles, que pretende reflectir o "secuestro emocional" que estes ocasionan moitas veces, especialmente cando abusamos deles.

 

 

 

 

Na imaxe, o alumnado na súa representación "abducidos polos teléfonos móbiles".

 

Bolsas NEAE (Necesidade Específica de Apoio Educativo)

O Ministerio de Educación abre o prazo para solicitar as bolsas para o alumnado con NEAE.

Solicitude: aberto o prazo, ata o 30 de setembro de 2022.

Poderedes ler a convocatoria ou acceder a información completa aquí e, de cumprir os requisitos, tramitala online e entregar a documentación no centro.

Poderá ser beneficiario, de cumprir os requisitos (renta e patrimonio, necesidade de atención específica), o alumnado que:

  • Presente necesidades educativas especiais derivadas de Discapacidade (33% ou mais), Trastorno Grave de Conduta, ou Trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociado a NEE.
  • Trastorno do espectro autista.
  • Altas Capacidades.

Atendendo ás bases, o alumnado que non teña ningún dos citados diagnósticos precisará certificar Discapacidade para ser candidato á beca NEAE. A discapacidade debe estar acreditada polo equipo de valoracións da Consellería de Política Social. Se non se dispón de tal acreditación, o Departamento de Orientación non poderá informar favorablemente.

Para estas e outras axudas, recoméndase ás familias de alumnado con especiais dificultades solicitar o recoñemento de discapacidade.

Solicitedes a bolsa ou non, aprovéitase para recomendar que acheguedes, en calquera momento do curso escolar, aquela documentación relacionada (cerficado de discapacidade, informes do SERGAS...) xa que nos axuda a facer un óptimo seguimento do alumnado.

Torneo de Xadrez Intercentros en Redondela

Máis imaxes da xornada neste álbum fotográfico

   Alumnado de 1º e 2º de ESO acudiu á Alameda Castelao de Redondela para participar este vernes 20 de maio, no II Torneo de Xadrez Intercentros.

   Un total de 80 participantes de distintos centros da zona: os IES Mendiño, Floriani e Chapela; e os CEIP Santa Mariña, Cesantes, Quintela e Igrexa Chapela.

   Hai que destacar o carácter eminemente lúdico e educativo do torneo, que pretendía servir de iniciación e animar á práctica do xadrez, á marxe do resultado. Esto foi así, especialmente no caso do noso IES, no que acudimos cunha equipa pouco experimentada, que xogaban o seu primeiro torneo, coa premisa de pasalo ben e seguir aprendendo. A equipa formouse con alumnado que acudiu durante o curso a xogar os mércores á biblioteca. Ademais dos que puderon asistir nesta ocasión, hai outros alumnos/as que xogan ou queren aprender a xogar ao xadrez, polo que esperamos que este xerme vaia a máis.

   Ao rematar a actividade, entregáronse trofeos aos 3 primeiros alumnos/as clasificados e medallas a todos os participantes, e o Maestro FIDE  Xulio del Prado (de tan só 15 anos) deu unha pequena charla.

   Temos que destacar e agradecer a boa organización do torneo, a cargo da Concellería de Deportes de Redondela e o IES Pedro Floriani.

1º de ESO participa no Festival FIC Andaina

O alumnado de 1º de ESO acudiu ao FIC Andaina, o X Festival Internacional de curtametraxes e diversidade funcional, organizado pola asociación Andaina.

Tras unha poñencia e o visionado, puidemos votar a nosa favorita entre as 4 curtometraxes presentadas:

  • "Adopción especial”, que narrou as conversas dunha parella sobre a adopción dun neno/a con necesidades especiais.
  • “Orquesta Los Bengala”; onde o humor, a amizade e a familia xuntan forzas para axudar un dos protagonistas, que sofre demencia.
  • “Mordisquitos”; a historia dunha parella, co trasfondo da saúde mental.
  • “Intentando”; que xirou en torno ás conversas dun fillo co seu pai: a importancia de esforzarse, de non frustrarse e loitar por un mesmo, axudar os demais, respectar as diferenzas e non crerse superior a ninguén...

Aberto o prazo para Ensinanzas Superiores de Deseño, Conservación e Restauración, Arte Dramático e Música.

Publicáronse as instrucións para o acceso ás ensinanzas de réxime especial que se resumen a continuación.

A estas ensinanzas pódese acceder co título de Bacharelato (ou de ESO, só no caso das Ensinanzas Deportivas e algunha especialidade de Artes Plásticas e Deseño) e realizando unha proba específica ou sen o título aprobando unha proba (ademais da específica).

-  Ensinanzas superiores de Deseño (gráfico, interiores, produto e moda) para o curso 2022/23

  • Inscrición: do  22 de abril ó 23 de maio de 2022 incluídos.
  • Proba para os/as aspirantes que non cumpran o requisito de titulación de bacharelato para acceder ás ensinanzas artísticas superiores: o día 31 de maio no IES San Clemente de Santiago de Compostela.
  • Proba Específica: Celebrarase o 5 de xullo nas catro EASD de Galicia. 
  • Podes ver a oferta das Ensinanzas de Deseño aquí.
  • Le as instrucións completas para o acceso aquí.

- Ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2022/23

  • Inscrición: do  22 de abril ó 23 de maio de 2022 incluídos.
  • Proba para os/as aspirantes que non cumpran o requisito de titulación de bacharelato: 
  • O día 31 de maio  no IES San Clemente, de Santiago de Compostela. 
  • Proba específica: o 5 de xullo, na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
  • Podes ver a oferta aquí.
  • Le as instrucións completas para o acceso aquí.

- Ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2022/23

  • Inscrición: do  22 de abril ó 23 de maio de 2022 incluídos.
  • Proba para os/as aspirantes que non cumpran o requisito de titulación de bacharelato: 
  • O día 31 de maio  no IES San Clemente, de Santiago de Compostela. 
  • Proba específica: as probas específicas de acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática darán comenzo o día 4 de xullo na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
  • Podes ver a oferta  aquí.
  • Le as instrucións completas para o acceso aquí.

-  Ensinanzas superiores de Música para o curso 2022/23

  • Inscrición: do  22 de abril ó 23 de maio de 2022 incluídos.
  • Proba para os/as aspirantes que non cumpran o requisito de titulación de bacharelato para acceder ás ensinanzas artísticas superiores: o día 31 de maio no IES San Clemente de Santiago de Compostela.
  • Proba Específica: a partir do 14 de xuño de 2022 en cada un dos conservatorios superiores de música de Galicia, según calendario e horario establecido polo conservatorio. 
  • Le as instrucións completas para o acceso aquí.

BACHARELATO: que materias escoller para o curso 2022/23?

Descarga o documento adxunto como axuda para as eleccións sobre as materias de 1º e 2º de Bacharelato. Ofrece un resumo dos contidos das materias, que son as materias de continuidade, e un recordatorio dos aspectos a ter en conta á hora de escoller as materias.

 

A oferta definitiva das materias poderá variar cada curso escolar segundo cambios normativos (LOMLOE) ou a demanda do alumnado.

Importante: adiántase o prazo para solicitar as BOLSAS MEC para ensinanzas postobrigatorias no curso 2022-2023

Publicouse a convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso académico 2022-2023 para o alumnado que vaia cursar ensinanzas postobrigatorias. Isto afecta a todo ao alumnado que vai cursar estudos de BACHARELATO ou FP (graos medio e superior) o próximo curso, así como os que van acceder á Universidade.

Prazo de solicitude Bolsas MEC: do 30 de marzo ao 12 de maio. Ampliación: até o 16 de maio.

É necesario que pidas a bolsa neste prazo, aínda que non se abrira o período de matrícula nos estudos que che interesan, non saibas o que vas estudar ou mesmo non saibas con seguridade se vas estudar ou non. Se cres que cumpres os requisitos, é importante que fagas a solicitude: pon os estudos máis probables e cara a setembro poderás cambialos.

Aquí podes ver todos os requisitos que tes que cumprir para ter dereito a recibir a bolsa (requisitos xerais, económicos e académicos).

A solicitude preséntase en liña, a través da páxina web do Ministerio, onde podes consultar toda a información.

Poden solicitar estas bolsas quen se vaia matricular no curso 2022/2023 en:
  • Primeiro e segundo curso de Bacharelato.
  • Formación Profesional de grao medio e de grao superior.
  • Ensinanzas artísticas profesionais.
  • Ensinanzas deportivas.
  • Estudos de idiomas en Escolas Oficiais.
  • Ensinanzas artísticas superiores.
  • Estudos relixiosos superiores.
  • Estudos militares superiores.
  • Cursos de preparación para probas de acceso á FP impartidos en centros públicos e privados concertados.
  • Formación Profesional Básica. 
  • Ensinanzas universitarias.

Bolsas para alumnado con NEAE: aínda non sabemos o prazo, pero é posible que se adianten tamén este curso, polo que, se é o caso, lembra solicitar o certificado de Discapacidade, e entregar no Dpto. de Orientación esta e calquera outra información actualizada.

Orientación ESO

O Departamento de Orientación programa sesións de Información Académica, para axudar o alumnado e as familias con dúbidas sobre as eleccións que deberán facer próximamente de cara ao curso 2022/23.

O alumnado será informado en horario lectivo, do 15 ao 25 de marzo.

As sesións para as familas interesesadas serán presenciais (1 persoa máximo por unidade familiar) e é necesario inscribirse cubrindo este FORMULARIO (data máxima: día previo á sesión).

DATAS das sesións para as familias:

4º de ESO para Familias: luns 21, de 19:30 a 20:45.

- Contidos: criterios de titulación e opcións futuras. Ciclos de FP, Ensinanzas de Réxime Especial, Bacharelato e Graos Universitarios. Bolsas MEC e NEAE. Premios extraordinarios da ESO.

3º de ESO para Familias: xoves 24, de 20h a 21h.

- Contidos: criterios de promoción e titulación na ESO. Itinerarios en 4º de ESO e Bacharelato. Acceso á Universidade (Graos) e Ciclos de FP. Ensinanzas de Réxime Especial. Bolsas NEAE.

2º de ESO para Familias: luns 21, de 18h a 19h.

- Temas: características da ESO.  Bolsas NEAE. Aspectos que se deben ter en conta na matrícula de 3º de ESO. Que poderei estudar despois de 4º de

Ademais, aproveitamos para recordarvos que podedes inscrivirvos aquí para a sesión da Escola de Familias que organiza a OMIX do Concello, o martes 22 ás 18,30h, cos seguintes contidos: Establecemento de normas e límites, prevención e intervención ante condutas violentas. Violencia intrafamiliar

Enquisa UVIGO

Enquisa voluntaria para alumnado de 1º de Bacharelato.

 

https://docs.google.com/forms/d/1qetWrCNrkZWhvQbDj0F53NnV8O89F-gVDGB-xhA...

ESCOLA DE FAMILIAS: porque sabemos que educar non é doado...

Por iso, convidámosvos a participar na Escola de Familias, que organiza o Concello de Soutomaior.

O obxectivo é ofrecervos ás familias acompañamento e asesoramento na crianza dos vosos fillos, da man de profesionais que vos poden axudar a afrontar certas situacións, darvos seguridade na vosa labor, ou axudarvos a xestionar mellor situacións nas que vos podades sentir sentir desbordadas.

Contarase con dúas profesionais con ampla experiencia no acompañamento a familias e no traballo con infancia e adolescencia de ASEIA - Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia-.

A primeira terá lugar o martes 22 de febreiro ás 18.30 no IES, e abordaranse temas coma os retos que se lles presentan ás familias no contexto actual. Servirá para propoñer tamén temas a abordar en sesións posteriores, co fin de centrar as sesións en temas que detectamos que están presentando moitos conflitos como son, por exemplo, os provocados polo uso das redes sociais, teléfonos, etc.

A 2ª sesión será o martes 22 ás 18,30h, cos seguintes contidos: Establecemento de normas e límites, prevención e intervención ante condutas violentas. Violencia intrafamiliar

A inscrición para a 2ª sesión xa está aberta en: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/axenda-municipal/vista-mensual/eventodetalle/2753/escola-de-familias-convivencia-e-adolescencia  Se tes que acudir co teu fillo/a menor, indícao para poder contar con persoal para actividades dirixidas para eles/as. 

Distribuir contido


by Dr. Radut