Skip to Content

Actividade interdepartamental

8 de marzo. Día internacional da muller

   

    Co gallo do DÍA DA MULLER, na tv da entrada ó cento estase a proxectar unha presentación na que se analiza a situación da muller nestes momentos e na que se poñen de manifesto as situacións nas que se ve discriminada e nas que se debe avanzar para acadar unha plena igualdade entre todos.

    Aquí pódese ver a citada presentación.

Ruta a pé dende a Cabana ao "Bosque dos nenos"

   

    O pasado 5 de novembro os alumnos de 3º ESO fixeron unha saída organizada polo departamento de CCNN e DEBUXO para recoller fungos e cogomelos e información fotográfica da xeometría na natureza. A ruta a pé partiu da Cabana ata o "Bosque dos Nenos" en Valón onde,coa axuda das ensinanzas das profesoras de ciencias, se recolleron algúns exemplares de cogomelos que logo foron expostos no recibidor do instituto.

    Como xa vai sendo habitual, celébrase no mes de novembro o "mes dos fungos e cogomelos no Sofía Casanova" durante o cal ten lugar diversas actividades encamiñadas ao coñecemento destas especies nos bosques autóctonos da nosa contorna e a concienciación no coidado e o respecto pola natureza. Este ano o cogomelo protagonista foi o Boletus Edulis, do que atopamos un bo exemplar na saída ao bosque.

Festival fin de curso

   

    O día 19 de xuño de 2015 o alumnado e profesorado do instituto participaron no festival de fin de curso.

    Houbo presentacións arredor de lendas populares e actuacións musicais. Algunhas das imaxes do festival pódense ver nunha montaxe fotográfica e nunha galería de imaxes.

Concurso de marcapáxinas das Letras Galegas 2015

   

     Parabéns ás gañadoras do concurso deste ano adicado a Filgueira Valverde e organizado polos departamentos de Lingua Galega e Literatura e Educación plástica e visual.

    Se queres saber máis, visita o blog da biblioteca.

Excursión ao Aquapark de Cerceda

        O xoves 18 de xuño os alumnos de 2º de ESO, acompañados polas profesoras Carmen Aneiros, Raquel Crespo, Mª José Mtnez. e Bea Méndez, acudiron ao Aquapark de Cerceda para disfrutar dun fantástico día de diversión.

Viaxe a Roma

   

     Os alumnos de 1º de Bacharelato e de 4º de ESO de Latín, acompañados polos seus profesores Mª José Vilaboy (Vily), Pilar Berrio e Román Bravo, viaxaron entre os días 22 e 27 deste mes a Roma.

    A visita á milenaria cidade foi moi enriquecedora. Fixeron unha completa visita á Roma imperial, a Roma cristiá e a Roma turística. E como podemos ver nas fotos houbo tempo para "otium et negotium".

Semana da árbore no Sofía Casanova

   

    Durante a semana do 23 ao 27 de marzo, celebramos a semana da árbore no Sofía Casanova

    Os departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Lingua Castelá, Matemáticas, Economía e Tecnoloxía e o equipo da Biblioteca expuxeron as súas visións da árbore.

    Como podedes ver nas, fotos elaboráronse traballos para explicar a importacia da árbore nas nosas vidas. Así puidemos ver a árbore de Newton, a árbore da evolución, a árbore de Pitágoras, a árbore da sostenibilidade, os personaxes fantásticos do bosque a árbore da tecnoloxía ou a árbore da ciencia de Ramón Llull.    Ver fotografías.

Distribuir contido


by Dr. Radut