Skip to Content

Ruta a pé dende a Cabana ao "Bosque dos nenos"

   

    O pasado 5 de novembro os alumnos de 3º ESO fixeron unha saída organizada polo departamento de CCNN e DEBUXO para recoller fungos e cogomelos e información fotográfica da xeometría na natureza. A ruta a pé partiu da Cabana ata o "Bosque dos Nenos" en Valón onde,coa axuda das ensinanzas das profesoras de ciencias, se recolleron algúns exemplares de cogomelos que logo foron expostos no recibidor do instituto.

    Como xa vai sendo habitual, celébrase no mes de novembro o "mes dos fungos e cogomelos no Sofía Casanova" durante o cal ten lugar diversas actividades encamiñadas ao coñecemento destas especies nos bosques autóctonos da nosa contorna e a concienciación no coidado e o respecto pola natureza. Este ano o cogomelo protagonista foi o Boletus Edulis, do que atopamos un bo exemplar na saída ao bosque.



page | by Dr. Radut