Skip to Content

Matemáticas

Ciencia cidadá

   

    O club de ciencia participou no presente curso no proxecto AQUA de Ibercivis, financiado polo Fecyt.
    Repartíronse 100 kits cos que os rapaces de 3º ESO, como auténticos científicos, mediron nas súas casas o pH e o cloro da auga da billa ao longo de tres meses.
    Os datos obtidos subíronos á web  na que se comparten de xeito público os valores obtidos.
    Cos resultados, os nosos alumnos contribuíron á realización dun informe sobre a calidade da auga en España.

    Esperamos participar de novo o curso próximo!

Día da Ciencia na Rúa

         O sábado 5 de maio os rapaces do club de ciencia, asistiron ao Día da Ciencia na Rúa, celebrado no parque de Santa Margarita, en Coruña. Alí, os rapaces explicaron a nenos e maiores, como facer un slime caseiro, as propiedades dos fluidos Newtonianos e non Newtonianos, ou cómo elaborar xabón caseiro reciclando aceite usado. Un holograma a gran tamaño invitaba aos visitantes a elaborar pirámides holográficas que despois podían usar nas súas casas. Explicaron o funcionamento dos “soft circuits” e cómo aloxalos nun Lilly Pad. Tamén levaron unha representación do ecosistema que podemos atopar na charca de San Xurxo nesta época do ano.

Charla sobre as orixes de Internet

   

    O luns 20 de febreiro, os alumnos de 1º de bacharelato, xunto cos seus profesores de Matemáticas e TIC, asistiron no salón de actos do centro a unha charla impartida polo profesor da USC Enrique Macías que levou por título "A rede galáctica: unha historia de internet".

    Nesta charla aprendeunos como naceu, que é, e como funciona Internet, e a que principios científicos responde. Tamén nos explicou como se organiza e financia, como se almacenan e transmiten os seus contidos, e como se analiza e xestiona ese imenso espazo dixital.

Miguel Picos Maíztegui participa con éxito na Olimpiada Matemática Galega.

   

     O alumno de 2º de bacharelato deste centro Miguel Picos Maíztegui, obtivo una mención de honra na súa participación na Olimpiada Matemática Galega.

  ¡Parabéns Miguel!

12 de maio: día escolar das matemáticas

 

    O día 12 de maio, celebramos o día escolar das matemáticas, data que coincide coa do nacemento do insigne matemático Pedro Puig Adam, que foi o iniciador da didáctica das matemáticas no noso país, e que naceu en 12 de maio de 1900.

    Para celebrar este día, durante a semana do 12 ao 15, o departamento de matemáticas organizou xogos matemáticos durante os recreos.

Mención de Honra para Miguel Picos Maíztegui

   

 O noso alumno Miguel Picos Maíztegui, de 1º de bacharelato, foi premiado cunha Mención de Honra na Olimpiada Matemática Galega 2015. A proba, á que se presentaron máis de 100 participantes de toda Galicia, está orientada a alumnos de 1º e 2º de Bacharelato e celebrouse na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela o 16 xaneiro de 2015.

Onte publicouse na web oficial da Olimpiada Matemática Galega a relación dos 15 alumnos premiados nesta edición, tres co podio e a clasificación á fase nacional, e outros 12 coa Mención de Honra "por puntuación global, por acadar a máxima puntuación nalgún problema ou por presentar algunha solución orixinal ao entender do tribunal".

Dende o centro felicitamos encarecidamente a Miguel. Noraboa!

MATEXPO no Sofía Casanova

 

   Dende o 12 de xaneiro e ata o 26, podemos disfrutar no hall do salón de actos dunha exposición itinerante da Fundación Barrié que trae ao noso centro o departamento de matemáticas.

    A exposición está formada por 6 tótems verticais cuadrangulares (24 caras). Neles podedes ver as 46 mellores obras do concurso (entre fotografías matemáticas e esopías) en formato A3 plastificado co seus respectivos carteis descriptivos.

    Animádevos a preguntar ao voso profesor de matemáticas para participar no concurso.

   Se queredes máis información visitade: http://mateblog.educabarrie.org

Visita WORKSHOP-REPSOL

  O venres 24 o alumnado de 1º de bacharelato, xunto cos seus profesores da matemáticas, acudiron á Escola Politécnica Superior do Campus de Esteiro.

  Alí puideron asistirir a unha interesante exposición na que se amosaban traballos que xurdiron da colaboración entre Empresa e Universidade, tales como sistemas de localización en interiores, aplicacións das algas ou biocombustibles, entre outros.

Distribuir contido


by Dr. Radut