Skip to Content

Matemáticas

2º Concurso de Fotografía Matemática, IES Sofía Casanova

   

     O Departamento de Matemáticas convoca o 2º Concurso de Fotografía Matemática IES Sofía Casanova convidando a todo o alumnado do centro a participar.

    Esperamos que o concurso volva ter a boa acollida de hai dous anos, e poida seguir celebrándose nos próximos cursos.

    Achéganse aquí as bases, *  bases que teredes tamén distribuidas polo centro e nos correspondentes cursos de Matemáticas da Aula Virtual.

    * Amplíanse os prazos ata o 31 de maio

A defensa dos traballos do alumnado do STEMbach na prensa local

       O Diarío de Ferrol recolle a defensa que os alumnos do STEMbach do Sofía Casanova realizaron ante os correspondentes tribunais no  Campus Industrial de Ferrol, Universidade da Coruña (UDC).

Olimpiada matemática

   

     O alumno Daniel Grande Fernández obtivo mención de honra la Olimpiada Matemática Galega celebrada o venres 17 de xaneiro na Facultade de Matemáticas en Santiago.

    Parabéns, Daniel!

Presentación de Proxectos STEMBach bienio 2018-2020

   

    O xoves 23 de xaneiro en horario de 16:00-20:00 h terá lugar a Presentación de Proxectos STEMBach bienio 2018-2020. Esta presentación realizaráse no Campus de Esteiro-Ferrol, na Aula de Posgrado da EPS (UDC) .

    Nos arquivos adxuntos atópanse a relación dos proxectos que se van presentar e os criterios de avaliación.

O IES Sofía Casanova na prensa local

 

    Nas súas edicións locais, La Voz de Galicia e o Diario de Ferrol recollen a estancia dun grupo de alumnos do Sofía Casanova en Os Peares (Ourense) dentro da semana STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas).

    O alumnado participante, en réxime de internado nun campamento de innovación, desenrolará ata o sábado actividades  co obxectivo de ampliar ós seus coñecementos científico-tecnolóxicos.

Gañadores do 1º Concurso de Fotografía Matemática IES Sofía Casanova

   

   Os gañadores son:

1º ciclo ESO: Zoe Permuy de 1ºD con "Senta nas paralelas!"

2º ciclo ESO: Yanira Astolfi de 4ºC con "Cazando nubes"

Bacharelato: Marta de Castro de 1ºC de bacharelato con "Patróns"

        Os premiso repartiranse ao longo da semana.

Concurso de fotografía matemática

   

    O Departamento de Matemáticas convoca o 1º Concurso de Fotografía Matemática IES Sofía Casanova convidando a todos os membros do centro a participar, pero sobre todo ao alumnado.
    Esperando que o concurso teña boa acollida este ano e poida seguir celebrándose en próximos cursos, achegamos as bases, bases que tedes polo centro e tamén nos corchos das aulas.

Distribuir contido


by Dr. Radut