Skip to Content

Taboleiro do alumnado

Alumnado de 4ºESO visita o Concello de Ferrol

ferrol concello

O alumnado de 4ºESO A e B foi recibido polo Alcalde de Ferrol e a Concelleira de Educación, acompañados polos seus profesores D. Guillermo Llorca Freire, Dª Teresa Leira Álvarez e o director do centro D. Juan Rodríguez Silvar.
D. Vicente Irisarri e Dª Mercedes Carbajales recibiron no Salón de Plenos do Concello de Ferrol ao alumnado que empregou unha novidosa ferramenta, a Web Quest "Barrio da Magdalena" promovido pola concellería para coñecer as orixes da cidade. Cada un deles recibíu un diploma co título de "Marqués da Magdalena", un guiño simbólico en recoñecemento ao seu labor.

Prazas xuvenís Campaña Verán - 2010

Orde do 23 de febreiro de 2010 pola que se regula o uso de instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar en réxime de oferta concertada durante a campaña de verán de 2010.

Máis información na seguinte ligazón: Campaña Verán - 2010

Convocatoria de axudas

Convocatoria de axudas varias a nivel do estado e da comunidade autónoma de Galicia.

  • Aulas da Natureza 2010. Accede
  • Programa de Inmersión Lingüística en colonias de vacaciones. Accede
  • Cursos no estranxeiro de alemán ou francés para alumnado de ciclos formativos
    de grao superior, artes plásticas e deseño e de ensinanzas deportivas. Accede
  • Curso de lingua francesa en Francia en xullo de 2010. Accede
  • Inglés para mozos de entre 16 e 30 anos. Accede
  • Axudas para confederacións e federacións de asociacións de pais e nais de
    alumnos/as. Accede
  • Prácticas en centros de traballo. Accede

Inmersión lingüística 2010

No DOG nº 28 de 11 de Febreiro de 2010 publícase a "Orde do 5 de febreiro de 2010 pola que se convocan axudas en réxime de concorrencia competitiva dirixidas ao alumnado de centros educativos sostidos con fondos públicos para realizar actividades de inmersión lingüística no ano 2010".

Máis información na seguinte ligazón: Inmersión lingüística 2010

Entroido 2010

entroido

O Entroido chega de novo! O venres teremos os concursos de Comparsas o de Caretas, con boa participación, coma sempre.

Logo virán os días de Entroido e o Mércores de Cinza, lembrade que o xoves 18 e venres 19 son os días festivos de Centro. Que os aproveitedes.

Novo número de contacto

mobil

A partir de agora, usando o número 638 836 907, é posible poñerse en contacto co centro por móbil. Chamando aquí pode accederse a todos os servizos e información do centro. Este mesmo número é o utlizado para as comunicacións oficiais do centro ao través de SMS.

Axuda a Haití

haitiBaixo o título "1€ SOLIDARIO", e a iniciativa do alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil instalouse esta semana unha mesa de recollida de cartos para axuda á Haití.

Grazas a tod@s polas vosas doas. 

A revista "Galimatías" ao dispor dos lectores en liña

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través do programa de dinamización lingüística Bocaberta subvencionou a edición de vinte números a revista de cómic galego Galimatías, que repartiu gratuitamente co xornal El Correo Gallego, agora dispoñible en liña para os lectores.

Esta revista naceu en abril de 2009 co obxectivo de achegar historietas en lingua galega a todos os rapaces e rapazas, e conta coa colaboración dalgúns dos mellores debuxantes de Galicia, como Fran Bueno, Enma Ríos, Ramón Marcos, Álex Cal ou Macaco. Galimatías confórmano series como “Amor inmortal”, que se ofreceu en primicia na revista; “Hexed. A marca de Lucifer” e bru mais “Vento do norte”, que chegaron directamente de Estados Unidos; e outras que se crearon en exclusiva para a publicación.

A revista tamén conta cun espazo virtual (www.ouniversodegalimatias.com) que vén de recibir o premio Eganet á mellor web de comunicación 2009. Trátase dun espazo complementario no que as series e todo o universo Galimatías están reflectidos e ampliados. Nela, os rapaces e rapazas poden atopar distintos contidos relacionados co mundo da banda deseñada, coa animación ou coa música en lingua galega.

Distribuir contido


by Dr. Radut